Kevin Pierre (Ribadeo): «Cremos completamente que nos imos salvar»

O Ribadeo conseguiu unha vitoria que lles acerca a conseguir a permanencia unha tempada máis na Preferente. Os de Luchi conseguiron vencer por segunda data consecutiva, o que tamén fixo que fose o seu segundo partido do ano 2025 onde sumaron os tres puntos, ante o Arzúa nun encontro que rematou cun resultado de 4-3. O enfrontamento foi tanto o máis igualado coma o que máis goles tivo de toda a xornada na competición.

Un dos goleadores na segunda vitoria consecutiva dos da Mariña foi Kevin Pierre. O xogador do Ribadeo pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do último encontro, a chave das dúas vitorias consecutivas, a loita pola permanencia, a súa tempada individual e o o encontro deste domingo ante o Atlético Coruña Montañeros.

Encontro ante o Arzúa: «Dominamos o encontro, moito grazas a que levamos unha boa xeira de sensacións en encontros nos que os resultados non acompañaron por mala sorte. Tivemos un control total na maior parte do partido e foi o que nos fixo acadar a vitoria».

«Luchi deulle un aire fresco ao Ribadeo»

Chave da reacción do Ribadeo: «Realmente levamos toda a tempada propoñendo un moi bon xogo pero no que non tivemos a sorte necesaria de cara a gol e tamén que boa parte dos erros que cometemos teñen moitas consecuencias. A chegada de Luchi deulle un aire fresco ao equipo e temos moi claro o que queremos facer dentro do campo».



Loita pola permanencia: «As sensacións que temos son moi positivas e cremos completamente que nos imos salvar. Si que dependemos dos arrastres que poida haber, pero o noso obxectivo e tratar de escalar máis postos para ter a tranquilidade de ter marxe»

Tempada individual: «Eu xa xogara no equipo e todos estamos moi comprometidos e unidos. A nivel futbolístico estou tendo moitos minutos e estou demostrando un bon nivel. Non son precisamente o máximo goleador, pero estou disposto a aportar todo o que sexa necesario para conseguir o noso obxectivo».

Vindeiro encontro: «Chegamos con boas sensacións, pero sabemos que chegamos con baixas ao encontro. Temos a confianza de saber que temos todo que gañar e nada que perder ante o líder da categoría».



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *