#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

José Durán (Polvorín S.D.): «O obxectivo do clube é subir este ano, pero a estas alturas non miramos a clasificación»

 

Pasado o ecuador da competición, tres equipos da provincia de Lugo como son Polvorín S.D., Ribadeo F.C. e C.D. Castro chegan a estas alturas de liga con serias opcións de loitar polo ascenso. É certo que falta unha eternidade para o final, pero chegar ao último tercio de temporada ben situado é unha das claves para que o obxectivo poda estar ao alcance.

O mellor situado é o Polvorín con 41 puntos, en posto de ascenso directo a tres puntos do líder, o Paiosaco, e catro por riba dos equipos que ocupan plaza de promoción. O filial do C.D. Lugo, logo de quedarse ás portas a pasada campaña, nesta fixa de novo o obxectivo no salto de categoría, o cal sería de suma importancia para estar en condicións máis ventaxosas de nutrir de xogadores ao primeiro equipo.

Durán, cando adestrou ao primeiro equipo. Foto: El Progreso

Falamos co seu adestrador, José Durán, un home da casa, que xa tivo a oportunidade de dirixilo primeiro equipo, e cumple a súa segunda temporada no filial.



FUTBOLINLUGO: Vides de gañar ante o Escairón, pero non resultou un encontro fácil. Que valoración fas do partido?

JOSÉ DURÁN: Nesta categoría non hai ningún partido fácil. Ademáis polas características do noso equipo resúltanos mais fácil xogar contra equipos que nos traten de ti a ti e queiran ir a pola victoria. Neste caso o Escairón dificultounos moito as cousas, xa que, daba a sensación que o empate lle era suficiente, por xogar fóra da casa, por vernos como un rival superior…e son un equipo que defensivamente traballa moi ben e dificulta o poder gañar. O partido non peligrou porque eles non lograron ocasións, pero tivemos que traballar moi duro para marcar e poder levar os tres puntos.

FIL: Ademáis chegabades logo de perder ante o Estudiantil, outro equipo que non está moi ben clasificado.



JD: Ese partido foi moi diferente, xa que, o Estudiantil sobre todo no seu campo propón un fútbol moi ofensivo. Tiveron algunha ocasión de gol e non a materializaron, nós tivemos moi boas ocasións e non as metimos e o partido resolveuse nun córner. Creo que merecimos máis do que conseguimos a nivel de resultado.

 

FIL: Sodes segundos na clasificación por detras do Paiosaco e por detrás vén un pelotón de equipos con gañas de poñervos as cousas complicadas. Como ves o camiño cara o ascenso nesta segunda volta?

JD: O obxectivo do clube é moi claro, lograr o ascenso e facelo este ano, pero sería un absurdo mirar para a clasificación a estas alturas. Polo que levamos loitando desde o comezo é por sumar cada domingo e que o noso casilleiro de puntos sexa alto. Por experiencia sei que aqueles puntos que non fagas, logo son moi difíciles de recuperar, chegar á segunda volta entorno aos 40 puntos é unha boa cifra pra afrontala con garantías. Non miramos a distancia co Paiosaco nen tampouco con Arzúa e As Pontes que van ser rivais moi directos e con moito potencial, só que cada domingo podamos conseguir os tres puntos para que ao final poidamos estar cos mellores.

FIL: O non logralo ascenso sería unha decepción demasiado grande?



JD: Neste momento non penso na consecucción do obxectivo. As valoracións hai que facelas a posteriori e chegará o momento para eso. Agora as valoracións facémolas de adestramento en adestramento, partido a partido, porque as conclusións que vaiamos sacando serán moi importantes para que o equipo vaia medrando e mellorando e sexa máis difícil de batir.

FIL: Dos rivais que están loitando con vós polo ascenso, cales ves máis fortes?

JD: Creo que os seis que estamos ahí nos primeiros postos seremos os que loitemos polo ascenso, salvo que algún decaiamos no rendimento. Paiosaco, Arzúa, As Pontes, Castro e Ribadeo, xunto con nós, están con opcións e coido que o estarán ata o final. Incluso hai equipos como o Arteixo, que fai un fútbol moi bo e compite moi ben e pode pelexar por estar entre os primeiros. Se algún falla en exceso na segunda volta e os equipos que están no sétimo ou oitavo posto encadenan uns partidos gañando vaise comprimir moito a clasificación.

Luis Díaz xa debutou co CD Lugo en competición oficial

FIL: Imaxino que para ti e o clube será un orgullo que xogadores que xogan en Preferente, como Cacharrón, Dani Escriche, Pedro ou Luis Díaz vaian regularmente convocados co primeiro equipo en Segunda División

JD: Por suposto. Estamos sempre falando do obxectivo do ascenso de categoría, que obviamente é moi importante, xa que un clube como o Lugo ten a necesidade de ter canto antes un filial en Terceira, pero é certo que outro dos grandes obxectivos agora mesmo estase cumplindo e é que os xogadores que están no Polvorín traballe moi duro para intentar botar unha man no primeiro equipo sempre que faga falta, ben sexa para adestrar, xogar ou cubrir convocatorias. Para os que estamos ahí é un orgullo que o noso traballo se vexa reflexado no rendimento dos xogadores que cada semana suben a adestrar co Lugo.

FIL: Dos equipos que loitan por escapar do descenso, como ves aos lucenses?

JD: É unha loita moi complicada a de loitar pola permanencia nesta categoría. Ata o final non sabemos o número de equipo que van baixar e se, como o ano pasado, baixan seis ou sete equipos son precisos moitos puntos, mesmo nós agora non estaríamos salvados! O Outeiro de Rei púxonos en dificultades no noso campo, é un equipo que defende e compite ben e fai cousas moi interesantes, pero o problema é a regularidade á hora de conseguir puntuar. O Viveiro non estivo ben contra nós, pero ten moi bos fútbolistas e tenta reforzarse e por historia e por clube vai pelexar ata o final e creo que vai conseguir salvarse. A Residencia é un equipo que me gusta moito con xogadores xóvenes e moi dinámicos, algúns tiven a ocasión de adestralos e teñen nivel para estar incluso en categorías superiores. E o Escairón é verdade que fóra da casa non está ben en canto a resultados, pero no seu campo compite moi ben e alí é moi complicado gañar, polo que se mellora un pouco a domicilio sairá dos postos de abaixo. Deséxolles a mellor das sortes!

José Durán (Polvorín S.D.): «O obxectivo do clube é subir este ano, pero a estas alturas non miramos a clasificación»

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *