Acabamos de estrear ano. O 2018 chega con obxectivos e desexos diversos para cada un dos nosos participantes na Preferente e na Terceira División. Así que quixemos escoitar a tódolos equipos implicados e ver que lle pedían a este 2018.

Óscar López. Presidente do Atlético Escairón: “Que non existan lesións graves e poder manter a categoría”

Álvaro Meilán. Preparador da Residencia: “Pido que todos os xogadores e adestradores disfruten deste deporte que tanto nos gusta. En especial aos da Residencia, que logren todos os obxectivos colectivos e individuais que se propoñan. No equipo, que nos respeten un pouco máis as lesións e ter moitas alegrías cada fin de semana para celebralas en EQUIPO”

Juan Peón. Adestrador do Outeiro de Rei: “Seguir traballando coa mesma ilusión e intensidade. Que ese esforzo se traduza en bos resultados. Logo, que nos respeten as lesións e recuperar aos lesionados de longa duración e poidan disfrutar desta competición

Fiz Rodríguez. Técnico do Ribadeo: “Que nos respeten as lesións e mellores instalacións para adestrar. A nós, poñer moito traballo e ilusión para conseguir ser máis regulares e ser todas as semanas o Ribadeo que demostramos que podemos ser”

José Durán. Preparador do Polvorín: “Ao 2018 só lle podo pedir saúde! Ao equipo, capacidade de traballo, aportación individual e disciplina táctica. Se conseguimos aunar todo isto conseguiremos éxitos deportivos seguro”

José Ramón Vega. Presidente do Castro: “Pido traballo e sorte coas lesións”

Chusky. Técnico do Viveiro: “Que respeten as lesións aos nosos xogadores e cumplir cos obxectivos marcados dende a nosa chegada ao clube”

Óscar Gilsanz. Adestrador do Rácing Villalbés: “Para o Rácing pido saúde sobre todo, que aos xogadores os respeten as lesións”

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*