Palabra de…Cristofer García: Infancia no campo da Fonte

A humildade, a garra, a paixón e, sen dúbida, confiar en sí mesmos pode ser o que mellor defina ó C.D.Cospeito durante toda a súa historia. Xa pasou tempo dende a súa creación, alá por mediados dos 80, moitos momentos de éxtase e tamén outros de tensión por acadar o esforzó esixido na tempada. Dende pequeno recordo pisar o estadio de “A Fonte” como se fose o mesmísimo Santiago Bernabéu, Riazor ou o Camp Nou. Cada balón xogado dende unha punta do campo ata a outra polo equipo da miña terra vivíao ao máximo. Tamén debo dicir que debido a miña corta idade, de vez en cando dicíalle a miña tía: “Quen é o 7 dos nosos ou como se chama o porteiro que non me acordo do nome?”.

Miña tía contestaba calquera dúbida que eu tivera. Estou seguro que nalgunha ocasión pensou que fora mellor quedar na casa para non volver ca cabeza feita un bombo. Certo é que cando chegaba o gol dos nosos, o gol dos vermellos agarraba a miña tía e dicíalle: “Ves como somos os mellores; aos de Cospeito non nos gaña ninguén, o Depor ou o Celta ao noso lado non teñen nada que facer”. Ela, como é obvio, ría.

Seareiros no campo da Fonte nun Cospeito 0-2 Xermade da temporada 2015/2016. Foto: Fermín Pena

Moitas cousas son as vividas nese estadio polo Cospeito e por min como seguidor, pero sen comparación algunha, o mellor da tempada era o derbi contra a S.D. Muimenta. Este partido daba para falar no concello toda a semana. Perder sería o peor xa que tocaría aguantar o “chaparrón” durante toda a semana no colexio (no caso de ter a alguén de Muimenta na clase). Porén, gañar daríache a ti o privilexio de poder “fardar” de ter o mellor equipo, que para ti, no momento era o mellor do mundo. Na actualidade, pouco cambiou, cada día que pasa temos menos pelo, pero ao que o balompé se refire, todo segue sendo igual de excitante e só me queda dicir unha vez máis: Vamos C.D. Cospeito!

Cristofer García, seguidor do CD Cospeito

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario