Viaxamos case nove anos atrás. Ao campo do Roupar. Alí ascende o Cabreiros a Primeira Galicia tras vencer por 0-2. Festa a domicilio. Pero como cambia isto do fútbol, porque agora o que ascende é o Roupar. Despois de subir hai pouco máis dunha semana, volverán atoparse cos vilalbeses na Segunda Autonómica a próxima campaña, salvo que o Cabreiros ascenda. Que aínda pode ser. De non ser así, quizais se repita a historia a tempada que vén…


