Futbolinlugo consigue un novo éxito de participación na última edición das súas Xornadas de Tecnificación realizada en Guntín. Durante a xornada, máis de 60 cativos traballaron diversos xestos técnicos e desfrutaron de varios partidillos durante un día repleto de fútbol. Ademain, os cativos tiveron unha gran sorpresa coa visita de Pablo Cacharrón, porteiro do Lugo, que lles regalou entradas para o vindeiro encontro entre o Lugo e a Real Sociedad B deste sábado as 19.00 horas
As Xornadas de Tecnificación de Futbolinlugo permiten que os nenos poidan aprender da man dos mellores adestradores da provincia e que combinen a práctica do fútbol coa diversión. A Guntín acudiron Jairo Campo e Diego Díaz coma coordinadores da actividade xunto a Dani Abelairas, adestrador do Antas, Iago ‘Guaje’ Vázquez, técnico do Monterroso, Sebas Moreno, adestrador de porteiros do Guntin, Adrián Fernández Teijeiro, técnico da Piringalla e Xosé Lourido, do Meira.
As xornadas de Futbolinlugo continúan na Pastoriza

O día foi intenso para Futbolinlugo, xa que tamén se presentou a próxima nova Xornada de Tecnificación. Diego Díaz, redactor do medio de comunicación e coordinador da actividade, e o alcalde da Pastoriza, Marcos García, presentaron o evento que se vai realizar na vila este luns día 21 de abril. Durante a mañá poderán adestrar diferentes xestos técnicos cos mellores adestradores do fútbol lucense e desfrutar dunha actividade que promete diversión e moito deporte.
Inda hai prazas dispoñibles para que as novas estrelas do fútbol lucense poidan desfrutar dunha xornada na que mellorarán e sobre todo lograrán divertirse e coñecer a novos amigos da man de Futbolinlugo. Pódense inscribir entrando neste enlace, pero ollo, a inscrición pecha este mércores.


