O Ribadeo 17-18 comeza a tomar forma. O cadro de Fiz Rodríguez conseguiu a renovación de catro homes importantes do vestiario. Criss, Rafa, Yoel e Iván vestirán un ano máis a camiseta celeste. Zamarra coa que se estreará Tichu, flamante incorporación do conxunto do Pepe Barrera. O mediapunta chega á Mariña despois de xogalo case todo co Castro en Terceira División. Ademais, o Ribadeo reforzouse na portería. Hugo chega a defender a meta do cadro celeste tras realizar unha notable tempada en Valadouro. Na mesma costa lucense, chega outra renovación. A de Juanra, que se manterá á fronte do Alfoz a vindeira campaña.

E imos á outra punta da provincia. En Monterroso xa coñecen a súa primeira baixa. O gardamallas do filial Brais deixa a portería do Anexo de Cerdeiriños. Non moi lonxe de alí,na vila do Asma, A SD Chantada confirmou que Pepe Martín deixa o seu banquiño. O clube xa traballa para incorporar a un técnico de perfil similar ao sainte, que aposte pola base e comprometido coa entidade. Por último, un apunte máis sobre adestradores. Xa se coñece ao substituto de Alberto Debasa en Santaballa. Carlos Alberto Pena, antigo segundo de Debasa e extécnico do Xermade, farase cargo do Santaballés na 17-18.

Comparte
                           

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*