Diario dun mercado. Episodio 540

Esta fin de semana volve o noso fútbol de competición oficial á provincia. Este venres, o Racing Villalbés xoga na Madalena as semifinais a partido único da fase galega da Copa Federación. Recibe ás 19:00 h ao Bergantiños, adestrado polo vilalbés Simón Lamas. Por outro lado, o domingo ás 19:00 h, o Ladairo acolle o encontro de volta das semifinais da Supercopa Galicia entre o Guntín e o Negreira. O resultado da ida presenta a eliminatoria moi favorable ao equipo da comarca coruñesa da Barcala: 0-4.

Son os torneos máis serios, dentro dun agosto cheo de amigables de preparación dos equipos. A primeira fin de semana de setembro comezará a Terceira RFEF, a Preferente e a Primeira Futgal. Na quinta categoría do fútbol estatal competirán o Viveiro, o Racing Vilalbés e a Sarriana. Os tres teñen practicamente configurados os seus cadros de xogadores, a falta de últimos retoques.

Alberto Freire xogará na Sarriana

En marzo de 2025, Alberto Freire debutou co primeiro equipo do CD Lugo nun encontro co Celta Fortuna en Balaídos. Foto: CD Lugo

Nas últimas horas, a Sarriana anunciou unha dobre continuidade. Por unha parte, Alberto Freire seguirá no conxunto da Ribela. O lateral de Begonte volvera ao CD Lugo este verán, despois de estar cedido na última campaña na Sarriana. Con todo, o club albivermello decidiu no contar con el para o seu proxecto. Desta maneira, Freire volve a Sarria onde xogará a súa cuarta temporada como futbolista sénior.

Tamén segue o polivalente Fer Redondo. O futbolista galego do 2004, da mesma quinta que Freire, chegou a Sarria en inverno, despois de ano medio na canteira do Sporting de Gijón. Tratará de facerse un oco no conxunto adestrado por Alberto Mariano, que xa conta con 21 efectivos.

A primeira finde de setembro tamén comezará unha nova temporada o Monterroso, un dos mellores equipos da provincia o pasado curso. Xogou polo ascenso á Preferente ata o último momento, cando foi eliminado polo Juvenil de Ponteareas. O tándem no banco formado por Fernando Sánchez ‘Fernandito’ e Brais Vázquez contará coa continuidade do porteiro de Ludeiro Sergio Cid e dos defensas Davor González e Toni Martínez.

Candelaria, Mondoñedo e Cabreiros refórzanse en Segunda Futgal

A Segunda Futgal botará a andar na segunda fin de semana de setembro. Aínda non se coñecen os calendarios, pero si as composicións dos dous grupos. Na zona norte, a Candelaria lamenta o falecemento do directivo Carlos nos últimos días, dende aquí sumámonos as condolencias. O club da Granda xusto anunciara nesta semana boa parte do seu proxecto para o próximo ano.

Jaime Pérez, continúa como adestrador. Xes e Jacobo Balseiro continúan para defender a portería. Tamén seguen Rony, Roberto Balseiro, Valdo Gomes, Lavilson, Mateo Balseiro e Ramiro. Pola súa parte, chegan Valter (Sanci), Seydou, Iván Fraga e Yago Ares.

O recén ascendido Mondoñedo ficha ao porteiro Gabriel Rodríguez ‘Gabo’. A pasada temporada formou parte do Ribadeo na primeira metade da liga e anteriormente militou no Sporting Pontenova e no fútbol asturiano.

É a cuarta fichaxe do cadro do Viñas da Veiga, xa que xa anunciaran o regreso de Miguel Barreira (Lourenzá) e as chegadas de Iago Pena (Lourenzá) e Adrián Juiz (Alfoz).

No mesmo grupo xogará o Cabreiros, que esta finde xogará a final da Copa Concello de Xermade ante o Cazás (en Xermade, ás 18:30 h). O cadro preparado por Álex Cobelo eliminou ao Xermade nas semifinais (4-2). Nos últimos días anunciou a chegada de tres futbolistas. Os laterais/extremos Xoel Laya (Agolada), que volve a provincia tras xogar no seu momento no Palas, e Miguel Dopico (As Pontes xuvenil), e o mediocentro Hugo Bermúdez (As Pontes xuvenil).

Terceira fichaxe da Comercial procedente do Matela

A Terceira Futgal empezará a terceira fin de semana de setembro. Cos grupos definidos e a espera do calendario, os equipos comezan a realizar as primeiras sesións de adestramento. Quen xa xogou un partido de valor foi o Cazás, que superou ao Roupar nas semifinais da Copa Concello de Xermade e, como comentamos, este domingo xogará a final ante o Cabreiros. Nas últimas horas anunciaron nas redes sociais a continuidade do porteiro Fernando Lamas, irmán do capitán do Racing Villalbés Make.

A Comercial muda de grupo, entra no sur. Anunciou a nove futbolistas ata o momento, ademais da continuidade de Manolo Prieto coma adestrador. Refórzase con tres xogadores que chegan do Matela. O último en sumarse é o talentoso atacante begontés Maikel Regueiro, que acompañará a Andrés Fernández e a Álex Gascón ‘Torito’. Jawad, Iker, Javi, Pepe, Carlos e Nico continúan.

O Sober, que inicia nova etapa con Ramón Armental e Eduardo Silva, anunciou a nove xogadores. Conta con tres fichaxes. A xa comentada de Brais Álvarez, únese a de Marcos Davite (Monforte CF xuvenil) e o regreso de Fernando Miranda. Ademais, seguen David Fernández, Brais López, Iván Mendes, Jorge Núñez ‘Pibe’, Sergio Fernández e o capitán e presidente Martín Piñeiro.

No veciño Río Sil non segue Diego Arias. Ata o momento, o cadro da Carqueixa comunicou a renovación de cinco xogadores: Pedreira, Álvaro, Manu, Kylian e Adrián da Silva.

Yoli segue na Comercial.
Yoli Villares cumprirá a súa 8ª temporada na Comercial

A Comercial fem anuncia cinco renovacións

Pola súa parte, o futfem comezará a segunda fin de semana de setembro. O PM Friol na Terceira RFEF, o Antas e a Milagrosa na Primeira Galega e o San Lázaro, a SD Chantada e o PM Friol B, a espera de coñecer os grupos, na Segunda Galega.

O resto dos conxuntos da provincia militarán na Terceira Galega, que ten prevista a súa primeira xornada a última fin de semana de setembro. Entre eles, a Comercial, que, tras anunciar a renovación da adestradora Vicky Burgo, comunicou a continuidade deas xogadoras Yoli Villares, Iria Prieto, a All Star Paula Pallejà, Lara Carrera e Dani Omaña.

Diario dun mercado. Episodio 540

Diario dun mercado. Episodio 540