As competicións están a piques de comezar (a Terceira xa o fixo), pero aínda quedan asuntos por apuntalar nas categorías do fútbol lucense neste mercado. Na Preferente, un lucense marcha cara o As Pontes. O porteiro Kiko Mariño reforza o equipo coruñés coa idea de pelexar polo ascenso á Terceira. Alí coincidará con outros viveirenses como Bossa, Rego ou Fidi. Pola súa banda o Castro suma integrantes ao seu corpo técnico. Un mítico do fútbol provincial, Fernando Corredoira, pasa a ser o segundo adestrador e acompañará a Javi López no banco. Corredoira xogou en equipos como o CD Lugo, Lemos, Betanzos, Xove ou Meira. En canto o cadro de futbolistas confírmase no conxunto chairego que o dianteiro Navia formará parte do grupo despois de facela pretemporada. Ademais, o conxunto do Arturo Pereiro incorpora ao mediocentro Ignacio Poyuelo procedente do Sada.

David Couso (no centro da imaxe ca camisola amarela do Catro Roldas) fichou no comezo do verán polo Roupar da Segunda Galicia

Na Primeira Galicia, o central Pedro Bustelo reforza o Xove procedente do Viveiro Xuvenil. No tocante a Terceira Galicia o Catro Roldas prepara unha nova campaña co obxectivo de tentar o retorno á Segunda. O equipo adestrado por David ten as baixas de Diego Roca, Narci, Couso e Xunta que suple coas chegadas de Ramiro Bao e Adan. Nestes momentos tamén hai catro rapaces adestrando co equipo da parroquia vilalbesa de Román. O seu futuro decidirase nas vindeiras semanas. Quen non xogará na Terceira será o gardameta Fernando Currás, que fichara polo Friol B, pero por motivos laborais ten que deixar o equipo.

No fútbol base, o xuvenil Pablo López Gallo «Castrín» ficha polo xuvenil do Deportivo de División de Honra. O central de Riotorto (do ano 2000) estaba xogando co Lugo e a pasada temporada tivo a oportunidade de ser chamado para unhas sesións de adestramento da selección española sub-17 nas Rozas. Tamén en idade xuvenil, Manu Amor finalmente xogará no Polvorín adestrado por Kubala.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 548

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.