Miguel Teijeiro xa volve marcar goles co Atlético Escairón, o equipo da súa terra. Disfruta do fútbol e dos antigos compañeiros coma o primeiro día! E nós quixemos facernos partícipes da súa felicidade. Porque estamos seguros de que este ano o ‘Rifle Pandiani’ será un auténtico francotirador! Comezamos
FUTBOLINLUGO: Boas Miguel! Como vai esa volta á casa?
MIGUEL TEIJEIRO ‘PANDIANI’: Boas. Pois ben, desfrutando dos compañeiros. Hai diferenzas a cando marchei. Queda pouca xente do ano pasado. Ademais os adestramentos son diferentes, cada adestrador ten o seu libriño.
Hai diferenzas a cando marchei

FIL: Qué che parece a aposta da nova directiva?
PAN: Ben, somos un pobo pequeno. Aquí non hai un gran presuposto así que hai que apostar pola xente da casa.
FIL: Como valorarías esta pretemporada?
PAN: Bastante boa. A nivel individual xa levo dous goles. O míster estame dando bastante confianza e creo que aposta por min.
FIL: Falabas de goles. Vai volver o pichichi ‘Pandiani’ esta campaña?
PAN: Agardemos que sí. A campaña pasada empecei ben pero tiven varias lesións. Rompín fibras e recaín. Despois igual baixei algo o nivel. En Preferente non podes baixar o listón en ningún momento. Vén outro e sácache o puesto. Foi algo que me pasou a min.
FIL: É o Atlético Escairón capaz de repetir a gran campaña do ano pasado?
PAN: Creo que sí. Se ven algún reforzo máis sí. Somos dezasete, dezaoito. Estamos adestrando poucos. Igual algún atacante máis sí que nos facía falla. A marcha de Ibou a min veume ben -bromea- pero parece que queren a Changui. Ainda así, un dianteiro máis creo que fai falla. Eu podo xogar na banda e con dous puntas tamén me adapto bastante ben. Podo xogar en varias posicións do ataque.
Estamos adestrando poucos. Un dianteiro máis creo que fai falla
FIL: Unha última curiosidade. Quen che puxo ese alcume de Pandiani?
PAN: Vén das categorías inferiores do Calasancio. Un ano coincidiu que o Pandiani do Deportivo marcara un gol en cada unha das sete primeiras xornadas. Eu tamén marquei un gol en cada unha delas creo que en infantís. Logo comezaron os compañeiros a dicir: Pandiani, Pandiani… E logo a prensa e xa quedou!
FIL: Grazas Miguel! Que esta sexa unha gran tempada!
PAN: A ti. Un saúdo!