Seguimos sen respiro no mercado. Na Primeira Galicia, o atacante de Belesar Dani é novo xogador do Santaballés. O xogador xa sabe é o que é xogar como local na Liga, pois vestiu a camiseta do Santaballés noutras etapas. Ademais, o Taboada ficha a tres xogadores para reforzar as súas liñas: en ataque chegan Julio Fernández ‘Julito’ (Ferreira) e o prometedor Martín Vázquez ‘Martuno’ (San Lázaro), mentres que na defensa volve o lateral Fabri Sampedro, logo dun tempo parado.

Na Segunda Galicia, o Pastoricense reforza o seu cadro coa chegada de Edu Seivane, un xogador de ataque que xa defendeu a elástica da Pastoriza en idade xuvenil e que agora volve ao Acebreiro tras o seu paso polo Muimenta. No sur da provincia, Alberto Burgo ‘Bertín’ mantén o seu compromiso co Brollón, mentres que no Carballedo renovan Airiños, Froiz, Héber e Miguel.
A Piringalla, que se estrea no fútbol senior, incorpora a Diego Alvariño, dianteiro con potencial que se atopaba parado logo de xogar no San Roque, mentres que o central Juan Vidal chega desde a Residencia xuvenil para aportar talla ao equipo. Alén diso, o coordinador da base do club, Juan, será tamén lateral do primeiro equipo. Unha conversa co seu amigo Lucas de Albacete serviu para persuadir ao polifacético defensor.

No fútbol feminino tamén hai novidades. Tania Novoa, Marian e a gardamallas Ángela renovan na SD Chantada para competir na Segunda Galicia, mentres que na Terceira Galicia, a Comercial contará un ano más con Nei, Lady, Filipe, Noa, Estefany, Diana e a All Star Yoli Villares.

