#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 378

Semella que o mercado aínda ten actividade por diante, pois entrado o mes de agosto seguen chegando novidades ao noso buzón. As primeiras, na Preferente Norte. O recén ascendido Castro incorpora ao porteiro David Martínez ‘Bugy‘ (a temporada pasada estivo a primeira metade da temporada no Racing Villalbés) que lle fará a competencia ao renovado Josema para defender as redes do Arturo Pereiro.

Ademais, o dianteiro navarro David Echevarri é novo xogador do As Pontes, logo de competir coa elástica da Sarriana na pasada 22/23.

Na Primeira Galicia, o Portomarín suma ao seu proxecto a Yaguito. O habilidoso xogador atopábase inactivo logo dunha lesión de xeonllo, pero xa sabe o que é destacar coa camiseta do San Roque ou na base da Residencia. Ademais, o Santaballés renovou a Miguel Ángel Folgueiro ‘Play’. O contrastado futbolista vestirá por segundo ano consecutivo a elástica dos da Liga.

Álex Rábade (na imaxe), Dani Río e Adrián paredes seguen no Cospeito.

Porén, os chairegos perden a un importante activo dos últimos anos. Hugo López deixa o Santaballés para enrolarse na disciplina do Racing Villalbés ‘B’. O atacante xa sabe o que é xogar no Roca, onde competiu na División de Honra xuvenil. O filial chairego tamén contará un ano máis con Cadra, prometedor defensor do Xistral que xa sabe o que é xogar co primeiro equipo e participar de forma activa nos adestramentos de Simón Lamas.



Outro conxunto da Terra Chá, o Cospeito, renovou a Adrián Paredes, Dani Río e Álex Rábade. Xa na Terceira Galicia, o Castroverde «rouba» talento do Becerreá xuvenil. O gardamallas Iago e o mediocentro Noel xogarán no conxunto adestrado por Fran Veiga. Por último, o Carballedo anunciou a renovación do gardamallas Fran e de Corneta.

O cadro da Fonsagrada, nun amigable no Polvorín na 22/23.

Xa para rematar, traemos unha noticia das que non nos gusta dar. O Fonsagrada Balompé non sairá a competir na 23/24 por falta de xogadores para dar continuidade ao proxecto. Logo da desaparición do Castro B, era o club fonsagradino a quen lle correspondía permanecer en Segunda Rexional.

Dende o club din que se vían cun cadro escaso de xogadores e coa maioría deles estudando e vivindo fóra pola semana. Aseguran que se intentou buscar algún futbolista máis, aínda que non se deu consolidado un equipo de garantías. Aspiran dende o Fonsagrada a volver ao fútbol sénior cando podan contar con outras xeracións que teñen agora na base.



Seguindo a dinámica anterior, espérase que a praza no grupo norte de Segunda Rexional lle corresponda o Roupar. Agardamos que as bancadas do Gómez Besteiro podan desfrutar do noso fútbol afeccionado de novo o antes posible.

Diario dun mercado. Episodio 378

Diario dun mercado. Episodio 377

Diario dun mercado. Episodio 378

Diario dun mercado. Episodio 379

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *