#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 356

Neste novo Diario dun mercado, volvemos a comezar pola Terra Chá. A pesar do ascenso á Segunda RFEF, o Racing Villalbés non deixa de mirar para aqueles futbolistas que aparecen na Guía de Futbolinlugo. Incorpora ao defensa nixeriano Nathaniel Nicolas ‘Nathan’, que levaba dúas temporadas xogando no Pol. Anteriormente vestira a camisola do Fisterra e do Fabril en Terceira. Ademais, o mediapunta lugués Javi Rey renova por unha campaña máis.

Na Preferente, o incombustible Xaime dará clases por Ribadeo unha campaña máis. Un portento físico cunha luva a pelota parada, recurso que xa ten dado moitos puntos aos equipos nos que estivo enrolado. Mediocentro de garantías o de Outeiro.

As continuidades son a constante de hoxe na Primeira. Manu, Hugo Listón e Foci renovan na SD Chantada. Pola súa parte, O mediocampista Pachín cumprirá a súa segunda temporada no Meira. Lugar onde conservarán o enorme talento de Kevin Pierre.

O dianteiro Dani Debasa segue no Guntín e o lateral Óscar Ben no Outeiro de Rei. O veterán futbolista de Roás cumprirá a cuarta campaña no Municipal. Ademais, o Monterroso anunciou o regreso do habilidoso centrocampista Aarón López. O menudo xogador lucense apenas tivo protagonismo no Pol.



Baixamos á Segunda, onde o pontés Sergio Hermida vivirá a súa primeira tempada como sénior no Cabreiros. Procede do equipo xuvenil do As Pontes e pode xogar por banda ou na punta de ataque. O Xermade continúa renovando a súa columna vertebral. Hugo Gegúndez, un dos capitáns, seguirá no club; neste caso ás ordes de Borja Bouza, o novo adestrador. E pasámonos polos Medos! César Díaz ‘César Meda’ renova no Brollón. O xoven futbolista vivirá a segunda tempada no equipo do seu concello.

Debasa, garantía de gol para o Guntín

Na Terceira Galicia, o Celta Barreiros incorpora a Toni. O polivalente xogador pode actuar de central ou na posición de mediocentro. Chega procedente do Guitiriz, equipo co vén de ascender á Primeira. Os do Cascabeiro tamén suman ao seu proxecto a Iñaki. O porteiro de 19 anos procede da SD Ribadeo.

Por último, varios apuntes. Paulita renova no Monte Forte de Terceira e Vitín causa baixa tamén no infantil do Racing Villalbés ao igual que no Santaballés. E o máis importante, xa se confirmou de maneira oficial que a vacante deixada polo Castro B na Segunda pode ser ocupada polo Fonsagrada.



Diario dun mercado. Episodio 356

Diario dun mercado. Episodio 355

Diario dun mercado. Episodio 356

O III All Star Futbolinlugo en imaxes:

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *