#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 339

Xa non hai quen pare este Diario dun Mercado. A meirande parte dos equipos atópase a traballar arreo e as novidades sucédense xornada tras xornada.

Comezamos coas moitas novidades que nos chegan desde a Primeira Galicia. Ramón Labrada seguirá unha campaña máis como técnico do Meira, poñendo así fin aos posibles rumores que o situaban na órbita do Pol. Pola súa parte, o Xove Lago aposta pola continuidade. No Municipal mantéñense o capitán Máikel así como Luis Varela e o prometedor Diego Vicente.

Por Taboada, hai cambio de cromos na portería. O que apunta a futuro alcalde do pobo, o eterno Roi Rigueira, colga as luvas e pon fin a unha era na meta da Medela. No club branquiazul xa teñen substituto para o emblemático arqueiro. Non é outro que un vello coñecido. Jacobo, procedente do Rodeiro, regresa á que foi a súa casa cando era aínda xuvenil. Engadimos tamén que por Santaballa, xa se atopa traballando Roberto Freire. Xa adiantabamos hai uns Diarios que esa posibilidade era moi real, como finalmente sucedeu coa súa chegada ao banco da Liga.

Ramón Labrada seguirá co Meira tralo ascenso a Primeira

Na Segunda Galicia, o Brollón ficha a Nico Díaz, procedente do Escairón. E tamén incorpora a David Rodríguez, que acaba de ascender co Calasancio xuvenil á Liga Galega. Soaba como futurible para o Lemos pero ao final tiroulle máis o equipo do pobo e compañeiros que tamén xa están en Brollón. O xogador natural da parroquia de Fornelas pode xogar de central ou pivote.



Ademais o Cabreiros renovou a Alejandro Seco e a Comercial incorpora a Cristian Sanfiz. Un dos xogadores máis destacados do Novo Nausti volve á capital para xogar ás ordes de Andrés Rodríguez. Nesa mesma categoría especulouse coa posibilidade de que a nova Gimnástica Lucense competise a próxima tempada baixo o paraugas do Sporting Lucense. Finalmente todo seguirá igual, coa salvedade de que a Gimnástica decidiu adiar unha tempada máis a súa reestrea en sociedade.

Por último na Terceira Galicia, o técnico Jony Lombardía renovou o seu compromiso co Páramo. E un apunte final da Preferente. A Residencia aposta polos seus xuvenís de Liga Galega para a pretempada. Os xemelgos goleadores Gabigol e o central Jorge farán a pretempada co primeiro equipo ao igual que os capitáns Andrés e Goás e o zurdo Pipi.



Diario dun mercado. Episodio 339

O PM Friol B regresa á Primeira

Diario dun mercado. Episodio 339

Racing B – Cospeito e Mila –

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *