#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 276

Non paran de sucederse as noticias de movementos na provincia e fóra dela. Comezamos esta nova entrega do #DiarioDunMercado facendo parada na Terceira División. Alí o Racing Villalbés queda sin Rumbo (o porteiro) que non renova logo levar no equipo tres campañas e media. Tampouco seguen o betanceiro Ángel Casanova nin o centrocampista ourensán Alberto Novoa. Outra das baixas anunciadas esta semana, Jorge Tomé, xogará no Bergan de Lemos en 2ª RFEF.

Na Preferente, voltamos destacar novas no Ribadeo. O cadro preparado por Dani Moirón continúa anunciando renovacións. A última como xogador foi a de Iván García. Aínda que tamén comunicou a continuidade do delegado Luis, función chave en calquera equipo.

No recén ascendido Portomarín non continuará no banco Pampín. O segundo adestrador deixa o club miñoto.

Un dos xogadores da provincia emigrados non segue no seu actual equipo. O viveirense Fidi pon fin a súa etapa dun ano no Mugardos. O xogador destaca «a familiaridade do club mugardés» e recoñece non ter présa por atopar un novo destino onde seguir xogando ao fútbol.



No que respecta á Primeira Rexional as noticias veñen da Mariña. Por unha banda, a renovación de Roberto Ramallal e de Michael Sante como primeiro e segundo adestrador do Lourenzá. Pola outra, á nova refírese ao fútbol base pero ten especial incidencia na SD Burela. É que a nova directiva do club de base Porto Burela está composta por moita xuventude e varios xogadores do sénior. Jairo Campo, Simón Martínez, Diego Dos Santos, Manuel Martínez, Miguel Ángel Gomes, Adrián Marrube e Álex Esquerdeiro forman a nova directiva.

Na Segunda Rexional hai moitas novidades pola capital. O San Roque ficha a Rubén Rodríguez, lateral procedente do Monterroso. Ao cadro de Montirón incorpóranse ademais dous vellos coñecidos para facer a pretemporada. O defensa Carlos Valiño e o polivalente Corbelle (do Páramo). Este último quedará na disciplina do club se as lesións o respectan. Tamén chega o cadro verdibranco o dianteiro Titi. Volve ao fútbol despois de deixar moitos goles en Becerreá e na Comercial.

Ademais o Santa Comba de Merino vai collendo forma. Incorpora a Marcos, Robert, Mejuto, Camiño e Anto que veñen do Matela, equipo no que o míster adestrou as últimas tempadas. Incorporan tamén a Diego Amarelo, con pasado na Milagrosa e no San Roque. Ademais o club renova a Leandro.



Sen marchar da capital, o San Lázaro renova ao veterán Rubén Candal e incorpora a Yeray que vén do Sporting Lucense.

No capítulo de baixas da categoría, salientan a xa comentada de Balbón. Marcos García Bao colga as botas no Iberia por mor da súa lesión de xeonllo.

Outro dos que non continuará é Eloy Buján Díaz máis coñecido como ‘Koeman’. O defensa pon fin a súa etapa como xogador no club da súa vila, o Palas. Aínda que seguirá ligado ao fútbol en diversas facetas. Actualmente é tamén o presidente da SD Antas. No seu día, xa tivemos o pracer de que Koeman nos escribise unhas palabras falando da súa traxectoria.

Diario dun mercado. Episodio 276

O Iberia e o Becerreá xogarán unha

Diario dun mercado. Episodio 276

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *