O Iberia e o Becerreá xogarán unha final inédita

O Catro Roldas e o Antas quedan á beira da final

No norte e á beira da A-6 xa prepraran a final da Copa Deputación da 2ª e da 3ª Rexional. Finalmente serán dous equipos da Segunda os que pelexen polo trofeo. Iberia e Becerreá confirmaron o seu gran estado de forma e xogarán por primeira vez xuntos nunha final. Contamos os detalles nunha nova entrega dos #OncesFutbolinlugo.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na zona norte, o Iberia xa quedou campión non oficial. Foi quen de superar ao Catro Roldas no seu campo e meterse nunha final 32 anos despois. O cadro de Reinante foiselle poñendo as cousas de cara aos poucos. Os locais non se renderon e recurtaron diferenzas cun gol de Moha pero xa non deu para moito máis.

Deportes Élide

Ademais do pase á final, o equipo preparado por José Manuel viviu os últimos minutos no campo do seu compañeiro Balbón. Marcos García Bao pon fin a súa etapa como xogador no Iberia e no fútbol. O dianteiro ribadense xogou ao redor de 25 minutos no mesmo campo no que debutou con esta camisola. A súa lesión de xeonllo impídelle continuar unha carreira da que todos poñen o seu compromiso como bandeira.

O Becerreá sumou 39 de 48 puntos na 1ª fase e 18 de 24 na 2ª

Na zona sur, o Becerreá gañoulle á partida desta vez ao Antas. Logo dunha loita titánica na 2ª fase polo ascenso á Primeira (que conseguiu o Antas), o cadro adestrado por Antón venceu no duelo directo na súa casa. A semifinal estivo igualada nun primeiro tempo no que ambos marcaron.

Os visitantes igularon ao final do primeiro tempo de penalti. No segundo acto foron os locais os que conseguiron anotar dous goles e lograr o premio. Dos catro equipos que chegaron ás semis, o Becerreá foi o menos goleado ao longo do torneo e o que xogou máis partidos (5). Álex só encaixou dous goles.

Papel destacado tiveron tamén os xuvenís do Antas con Martín Rodríguez e Nando á cabeza. Os máis novos do cadro da Ulloa tiveron minutos importantes na Copa.

O domingo ás 19:30h na Ribela de Sarria o Iberia e a SD Becerreá buscarán facer historia. Sería a primeira vez que un deles gaña a Copa Deputación.

O Iberia facendo gala do seu nome poderiamos dicir que chega como un avión. Aínda que non puido pelexar polo ascenso por mínimas causas, realizou unha espectacular 2ª fase con sete vitorias e un empate. Na Copa resolveu os últimos dous partidos con vitorias (ante Catro Roldas e Friol B) e as anteriores dúas eliminatorias pasounas nos penaltis (con Rioaveso e Roupar).

Pola súa banda, o Becerreá chega en voandas pola súa afección que respondeu nas semifinais no Municipal. O equipo vén de facer unha tempada regular case que perfecta. Pola regularidade sería equipo de Primeira. Fixo unha enorme 1ª fase e na 2ª conseguiu cinco triunfos e tres empate. Na Copa pasou a primeira eliminatoria nos penaltis (Páramo), pero logo sempre gañando nos 90 minutos (Carballedo, Lemos B, Paradela e Antas).

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Un comentario

  1. Sería bon destacar que a neutralidade do campo dame risa, os do Iberia teñen que desplazarse 130 km, mentras que os outros 30, e xogar non campo artificial cos que hai de erba natural mais cerca. Cheira un pouco esta decisión, espero que o aclaren os responsables de tomala.

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.