#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 273

En pleno fin de semana de festas pola provincia continúa habendo noticias relacionadas co Diario dun mercado. Por iso, toca outra entrega.

Volvemos salientar novidades na Terceira RFEF. Esta semana dous dos membros do corpo técnico do Racing Villalbés comunicaron que non continuarán no cadro racinguista. Jandro Novoa pon fin a unha etapa de catro anos. O seu futuro podería estar ligado de novo á súa terra, na UD Ourense. Tamén Kike Sanfiz marcha do Racing logo de dúas tempadas.

Aproveitando que falamos do Racing, o cadro vilalbés estaría estudando a posibilidade de sacar un equipo filial. Non sería o único na provincia xa que a Comercial, recén ascendida á Segunda Rexional, tamén tería a mesma idea.

Na Preferente, o Ribadeo comeza a montar o proxecto da 22/23. Logo da renovación de Dani Moirón, xa informou da continuidade de Santi e de Chris.



Na Primeira Rexional, a SD Chantada está en pleno período electoral. Logo de que actual directiva presentase a súa dimisión nunha asemblea, abriuse o prazo para presentar candidaturas a facerse cargo do club. O mércores 15 de xuño remata o prazo.

Na Segunda, o Meira fixo oficial a continuidade de Ramón Labrada e de Iago no corpo técnico. Logo de tentar o ascenso á Primeira neste curso, o conxunto meirego semella apostar de novo por un proxecto ambicioso.



Diario dun mercado. Episodio 273

Diario dun mercado. Episodio 272

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *