#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 272

Os movementos na provincia non paran e o #DiarioDunMercado convértese nun imprescindible a estas alturas do ano.

Comezamos pola Terceira RFEF onde hai grandes novidades en canto aos clubs da provincia e a xogadores lucenses da categoría. O Racing Villalbés renova a Javi Rey. Segunda temporada seguida na segunda etapa do ’10’ no conxunto chairego.

Outro que segue é un rapaz da casa. O atacante Rares vivirá o seu segundo ano como sénior baixo a dirección de Simón, aínda que na súa etapa de formación xa contou con minutos no primeiro equipo.

Quen non continúa no Racing é Dani Pedrosa. O dianteiro de Ribadeo pon fin a dous anos coa camisola vilalbesa e xogará na Segunda RFEF. Estará as ordes de José Luis Lemos no Bergantiños.



Outro ex do Racing é protagonista esta semana. O central Xusto continuará unha temporada máis no Silva. O focense sumará xa a cuarta campaña no cadro da Grela.

Álex Ortiz xa ten novo destino logo de non continuar no Polvorín/Lugo B. O preparador andaluz regresa a súa casa. Adestrará ao Vélez malacitano na mesma categoría na que vai xogar o filial albivermello, a 2ª RFEF (aínda que en distinto grupo).

Seguindo na Terceira, o Somozas continúa vinculado á provincia. Logo de anunciar a renovación de Kiko, tamén confirmou a continuidade do mediocentro Luis Díaz.



Ademais, en principio, dous lucenses que este ano xogaron no Pol farán a pretemporada co cadro de Ferrolterra. O centrocampista Porto e o atacante Herrero todo fai indicar que se porán as ordes de Marco Roca en xullo. No caso do mediocentro a situación pódese complicar por mor dunha lesión.

Na Preferente, confirmouse a renovación de Dani Moirón como adestrador do Ribadeo tal e como xa contamos en episodios anteriores. De adestradores vai a cousa tamén en Primeira Rexional coa continuidade de Germán Campos como técnico do Pol logo do frustrado ascenso.

Na Segunda Rexional a cousa tamén vai de adestradores. Diego Díaz encargarase do equipo sénior do San Roque. Diego volve a casa tras ser preparador da base no EF Polvorín, club co que o San Roque ten unión en Montirón. No cadro capitalino seguen o lateral Luis Alberto, o medio César e o capitán Emilio.

Tamén en Lugo cidade, o San Lázaro aposta pola liña continuista. Seguen o adestrador Diego Rey, o seu segundo Álex Cortón e o delegado Óscar García. Pipita, Cadenas, Gabri, Vigo, Martín, Julio, Saúl, Viti, Pablo, Álex Ferreiro, Armesto, Borja Canda, Picatto, Manel e Santi renovan. O equipo contará coa volta de Luis Martín.



Diario dun mercado. Episodio 272

Diario dun mercado. Episodio 273

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *