#Fútbol afeccionado #Anecdotario #Fútbol Base

O anecdotario: «Ao final, acabamos queimados», por Cholas

Primeira tempada no Racing Club Villalbés co Cadete de Liga Galega. Era un dos primeiros desprazamentos do ano. Partido en Coruña contra o Ural no Elviña.

Alá nos fomos no autobús desde Vilalba. Día de calor abafante, abrimos as claraboias do autobús para que nos entrase un pouco de aire… A metade da viaxe; comezaron a pitar algúns coches pola autovía baixando Montesalgueiro, coa nosa consecuente sorpresa.

Cholas, cun dos equipos que dirixiu en Vilalba

Empezamos a cheirar algo a queimado e cando miramos para atrás vimos unha fumareda tremenda que saía do noso autobús! Paramos inmediatamente. Aí ocurríuselle ao noso conductor arranxar o tema el mesmo. Quitou de camisa e púxose ao choio.

Ao final como era lóxico mandáronnos un novo autobús, chegamos como 20 minutos antes de empezar o partido. O resultado, que era o de menos nese día, tamén nos acabou queimando. Foi un 5-0.



Marcos Núñez Rey ‘Cholas’. Recoñecido adestrador lucense

O anecdotario: «Ao final, acabamos queimados», por Cholas

Diario dun mercado. Episodio 273

O anecdotario: «Ao final, acabamos queimados», por Cholas

Máxicos Luca’s Grill. Cuartos de final

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *