Diario dun mercado. Episodio 266

O mercado entra en fase ascendente. Hoxe unha de retiradas, adeuses e renovacións.

O noso fútbol podería ter un novo equipo para a vindeira tempada. O Castroverde abre un prazo de consulta, ata finais deste mes, para ver se hai un número suficiente de xogadoras para crear un conxunto feminino. Pódese contactar directamente coa directiva ou a través das súas redes sociais. Ogallá salga adiante!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

David Lorenzo buscará o ascenso co Catro Roldas

O que non estará a próxima campaña é Pedro Incera. O experimentado cancerbeiro do Celta Barreiros colga as luvas despois dunha longa traxectoria. E outro que tampouco segue é Seoane. O Corgo terá que buscar novo adestrador ante a marcha do preparador lugués.

Deportes Élide

Por último, dúas renovacións para este Diario dun mercado. Hai unhas semanas viviamos a ‘final’ polo ascenso entre o Catro Roldas e a Comercial. Pois ambos adestradores manteñeranse á fronte dos seus respectivos equipos. Andrés Rodríguez dirixirá aos capitalinos no regreso a Segunda Galicia. Pola súa parte, David Lorenzo volverá pelexar co cadro amarelo polo ascenso a esta categoría.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.