#Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Diario dun mercado. Episodio 229

Santi Real

Empezou agosto movido. E con novidades e situacións do máis variopinto. Con todos vós un novo capítulo deste Diario dun mercado.

Comezamos pola Preferente, onde o Santaballés confirmou dúas renovacións e outro par de regresos. O extremo Hugo e o lateral Chechu seguen un ano máis. Mentres que volven dous clásicos trala pandemia: o porteiro e indespensable Comor así como o goleador ‘Apache’ Vérez. Nesa mesma categoría, Cristian ‘Rodas’ renovou co Atlético Escairón.

A Primeira non cesa a súa actividade

O Monterroso vén de confirmar dúas fichaxes dunha tacada. Dous rapaces novos, en proxección e con moita fame. Rubén Rodríguez regresa ao noso fútbol despois de máis de dous anos de inactividade. O polivalente centrocampista agarda mostrar a súa mellor versión. A que o levou a facer unha pretemporada con Quique Setién sendo xuvenil e antes de pasar por equipos como o Pol ou o Atlético Escairón. Pola súa parte, o noso Santi Real chega a Cerdeiriños despois do seu paso polo filial do Compostela. O lateral a ambas bandas, moi completo, fixo pretemporada co primeiro equipo santiagués despois do seu paso pola canteira do Rácing Villalbés.

Rubén Rodríguez posa coa camisola do Monterroso

No entanto, o Friol atópase con escasos efectivos e tirará de xogadores do pobo e do filial para esta nova aventura na Primeira. Os de Abad sufren novas baixas importantes como as de Brais Burgo (motivos laborais), Álvaro (que apunta ao Outeiro de Rei) ou o defensa Víctor. Así mesmo o filial nutrirase de varios xuvenís, ao non facer esta campaña conxunto nesta idade previa ao fútbol afeccionado. Por último, o San Lázaro despediuse do seu campo de A Ponte. Desde esta campaña xogará nas Gándaras.



Na Segunda, Asi e Viña mantéñense no Palas. E o antigo central All Star Diego retírase do fútbol. Apuntaba a xogar nun Bóveda, no que existen moitas dúbidas de que saía a competir, pero finalmente colgará as botas.

Corpos técnicos de base neste Diario dun Mercado

Trashorras, con Pablo Vivero, nun Campus RCV

Hoxe coñecemos a estrutura de dous equipos de base da capital. O Sagrado Corazón contará con Brais Rozados, o antigo coordinador, no equipo xuvenil. O novo coordinador Adrián Vázquez levará o cadete. Mincha e Álex Rois ocuparanse do infantil.

Pola súa parte Antón Méndez repetirá no Lugo xuvenil de Honra. Roberto Trashorras estrearase no xuvenil B de Liga Nacional. O cadete de Honra será cousa de Yoni. No cadete B estará Fran Fernández, que regresa ao albivermello. Aínda que compaxinará estas cores coas da Residencia infantil de Liga Galega. Para rematar este Diario dun Mercado, o infantil A do Lugo será para Pita.



Diario dun mercado. Episodio 229

Pacto histórico en Montirón

Diario dun mercado. Episodio 229

Diario dun mercado. Episodio 230

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *