O suposto inicio de temporada achégase. É por iso que todos os clubes da provincia traballan de xeito frenético para dar por pechados os cadros de xogadores e os corpos técnicos. É o caso do CD Lugo, cuxo filial competirá na Terceira División un ano máis, pero por primeira vez baixo o mando de Álex Ortiz, novo adestrador tras a destitución de José Durán. No conxunto albivermello renovan Álex Rey, Óscar Castellanos “Chiqui”, Dani Vidal e Antón Escobar, aínda que algúns destes futbolistas poderían saír cedidos a un conxunto de Segunda “B” ao longo da pretemporada. Ademáis, Fidalgo, Gabarre e Guitián soben desde o xuvenil.

Tamén da Terceira División sairá unha das perlas da provincia, Iago Parga. Segundo apuntou o xornalista Rubén García no seu Twitter, o sarriano será novo xogador da Peña Deportiva Santa Eulalia tras a súa marcha do Fabril. Máis abaixo, na Primeira Galicia, o gardamallas Carlos cambia o San Roque pola UD Pastoricense.

Na Terceira Galicia, a SD Castroverde renova a dous dos xogadores máis novos do clube: Xabi Duarte, que competirá por segunda temporada no conxunto verdibranco, e Pablo Pin, quen cumprirá a súa terceira tempada na Veiga do Olmo. Tamén no fútbol base hai novidades: un dos adestradores de moda, Diego Rey, compaxinará a súa actividade na SCD San Lázaro coa preparación dos xuvenís da SD Pol.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 458

Deja un comentario