O 1 de xullo o Viñas da Veiga de Mondoñedo acollerá o III All Star Futbolinlugo. A gran festa do fútbol sénior lucense terá unha xornada intensiva como xa vos comentamos. Desta volta presentámosvos a posibilidade de xuntarnos para comer.
Varias actividades acompañan os puntos principais do día: os partidos de fútbol feminino e masculino cxs mellorxs da temporada baixo o criterio de Futbolinlugo.
O All Star comezará ás 10:30h co primeiro partido da exhibición ‘Fútbol a pé’. De feito, Futbolinlugo está conformando un equipo para xogar a esta modalidade ao que te podes unir.
Pola tarde tamén haberá xogos nos que calquera pode participar. O ‘Futgolf’ por parellas e o ‘Rápido de cabeza’ serán protagonistas este ano.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Entérate de todo o programa e como podes apuntarte aquí.
Con todo, comer hai que comer e nunha festa do fútbol lucense tampouco pode faltar a comida.
Ás 15:00h no propio campo de fútbol Viñas da Veiga, Futbolinlugo da man do Mondoñedo FC prepara un xantar ao que todos vos podedes anotar.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
- Xantar III All Star Futbolinlugo no Viñas da Veiga:
Hora: 15:00h
Menú: empanada, churrasco de porco, postre, café e chupito. Viño e cerveza, refrescos e auga.
Prezo: 20€
Data límite para anotarse: martes 27 de xuño
Para apuntarvos podedes falar con algún membro de Futbolinlugo do que teñades contacto directo ou senón contactar connosco a través do correo electrónico. Enviades un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto ‘COMIDA ALL STAR’, un nome de referencia, as persoas que seríades e un teléfono de contacto.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/06/programa-web-2.jpg)
Dende Futbolinlugo queren inisitir nos agradecementos ao Concello de Mondoñedo e ao Mondoñedo FC pola axuda para organizar o III All Star.