Campionato de España de seleccións autonómicas femininas

A pasada fin de semana tivo lugar en Santiago de Compostela, no Campo Municipal de Santa Isabel, un dos acontecementos máis destacados do ano, o Campionato de España de seleccións autonómicas femininas, en categoría sub-17 e sub-15.

Como xa avanzamos a pasada semana, a provincia de Lugo contou con representación nas máis pequenas. Carmen, do CP Calasancio, formou parte dun combinado sub-15 que venceu nos seus dous encontros pola mínima (0-1 ante a Extremadura e 1-0 ante Castela e León), pero dominando por xogo ambos choques, e que afronta así a segunda fase unha enorme confianza.

Na selección sub-17, a representación correspondía a Mery Valcárcel, xogadora do PM Friol-CD Lugo “B”. No seu caso, o equipo arrollou ás súas rivais, 2-0 ante Extremadura e 3-0 frente a Castela e León, de xeito que son favoritas para optar ao título nacional.

A segunda fase, que terá lugar do 8 ao 10 de febrero tamén en Galicia, medirá ás nosas loitadoras cos combinados de Castela-A-Mancha e Aragón.

Por mor desta competición, non se disputaron competicións femininas na nosa comunidade, agás no caso da SD Burela, que perdeu o seu primeiro partido da temporada ante o Victoria “C”, líder da categoría, e a SCD Milagrosa “B”, que empatou, 2-2, na casa do Silva!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario