A-56: Ilustres lucenses e ourensáns acreditan a unión da intelectualidade e o fútbol

Desta volta collemos a A-56 para viaxar ao pasado. Facémolo da man da Revista O Dez. O número 8 desta publicación, correspondente a esta primavera, contén a proba de que a intelectualidade e o fútbol casan ben. Nel aparece a vinculación dalgúns dos homenaxeados nas Letras Galegas co balompé. Houbo tres que mesmo foron futbolistas. […]

Diario dun mercado. Episodio 202

Comezamos a fin de semana con novidades importantes no mercado de fichaxes. A maioría deles atinxen aos banquiños, dado que algúns adestradores non continuarán nos seus clubes, mentres que outros xa anunciaron a súa renovación.

Ross e Aldán Naval preparados para a final

A Terceira máis atípica que se lembra nos últimos anos vai rematar esta fin de semana. Un acceso á Segunda RFEF e unha permanencia na categoría están en xogo. Hai #LucensesNaTerceiraGalega que xogarán a final por elevar o seu nivel. Pero xa non haberá lucenses que pelexen pola salvación logo do éxito do Arzúa conseguido […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Unha de cal e outra de area. Así podemos definir a xornada dos equipos femininos da provincia. Particularmente, dos que participan no playoff de ascenso á Primeira Nacional: CD Lugo e SD Antas.

O Polvorín cae co Somozas e di adeus ao soño do ascenso

Non teremos representante lucense na nova Segunda RFEF. O Polvorín caeu no Anxo Carro en semifinais da fase de ascenso diante do Somozas, cun tanto nos últimos intres de encontro. O Viveiro, co obxectivo da permanencia xa acadado, non puido sumar na súa visita ao campo do Barco. Un tanto de Luis Nuño preto do […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Sofán: unha final anticipada na Ribela

A segunda xornada da fase de ascenso no grupo norte de Preferente convertiuse nunha auténtica final para a Sarriana. A Ribela será testigo, o domingo ás 18:30 horas,  do enfrontamento entre dous dos primeiros clasificados na primeira fase, o cadro local e un Sofán que tamén pon enriba da mesa as súas opcións de ascenso. […]

Pedro Delgado estréase como goleador esta temporada

Foto de portada: Facebook CSD Arzúa – Antía Vázquez As semifinais do play off de acceso á Segunda RFEF por fin están conformadas. O Arousa e o Estradense xogarán na Lomba, mentres que o Polvorín e o Somozas farano no Anxo Carro. Os dous equipos que gañen pasarán á final decisiva. Pola outra banda, os #LucensesNaTerceiraGalega seguen […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Comezou a recta decisiva desta curta campaña. Nela, os equipos lucenses loitarán polo ascenso de categoría, tarea ardua pero para nada imposible. Comezamos repasando os playoffs de ascenso á Primeira Nacional, nos que están inmersos CD Lugo e SD Antas.

Cantarrana festexa a ansiada permanencia do Viveiro

O Viveiro xogará a vindeira temporada en Terceira. Desde a pasada xornada era un segredo a voces, pero era preciso ter o certificado de xeito matemático e o punto acadado diante do Ourense CF dictou sentencia. Non resultou doado diante dun conxunto que chegaba cos deberes feitos e que logrou adiantarse tres veces no marcador, […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Ourense CF: un punto para seguir en Terceira

A permanencia do Viveiro pode quedar pechada este o domingo. A gran igualdade existente durante toda a temporada, e moi especialmente nesta segunda fase presaxiaba que o desenlace se viviría na derradeira xornada, pero a gran traxectoria dos mariñáns adiantou acontecementos. Este domingo ás 17:30 horas en Cantarrana un só punto diante do Ourense C.F. […]

Julio Delgado consegue a salvación co Ourense CF

A fase de ascenso á 2ª RFEF segue pendente do encontro entre o Somozas e o Choco. Xogarase o próximo mércores ás 20h. O grupo de permanencia vai seleccionando máis equipos. O Ourense CF xa ten a permanencia matemática e o Viveiro está a piques de conseguila. Os #LucensesNaTerceiraGalega pendentes nun e noutro lado da […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Acabouse. O PM Friol puxo punto e seguido á súa andaina no Reto Iberdrola o pasado domingo na Cidade Deportiva Dani Jarque. O rival, o filial do RCD Espanyol, que necesitaba unha victoria para ter opcións de salvación. As lucenses, pola súa banda, chegaban desahuciadas. Ergo, as urxencias notáronse no verde e, a pesares de […]