A familia do Racing Vilalbés homenaxea a Rosen

«Sempre cun sorriso en cada adestramento, de bo humor. Pedíaslle calquera cousa e sempre dicía: sen problema hombre; daba gusto con xente así». Estas son as palabras de Suso, xogador do CD Castro e ex-xogador do Racing, a Rosendo Rouco Lozano, máis coñecido como Rosen. Un asiduo axudante nas tarefas do Racing Vilalbés querido por todos, polos […]

O mellor recollepelotas do país

Non fai moito tempo, o noso amigo Fernando Currás falábanos dos Homes de Clube. E quixemos ir a coñecer a un deles. Chámase Marcos López Rodríguez. Para os habituais do Arturo Pereiro ‘Marquiños de Castro‘. Un auténtico fenómeno, o mellor recollepelotas do país. Chova, neve ou trone, alí esta él «dende hai seis anos» pegado […]

O Palas xuvenil non deixa de medrar

Hoxe falamos con tres xuvenís do CD Palas, equipo que non deixa de acadar éxitos e de sorprender co seu fútbol. De feito, cada vez é maior a masa social que se despraza aos Chacotes cada 15 días para ver xogar a estes rapaces!

O fútbol de Xermade volve ter un equipo en Primeira

As terras máis ó norte da Terra Chá volverán desfrutar na vindeira temporada do fútbol da Primeira Galicia. O SDC Xermade regresa a unha categoría que deixou hai seis anos e faino a unha xornada para rematar a liga na que aínda ten opcións de saír campión. O concello quedara sen representante na categoría co descenso […]

Hemeroteca: Portomarín, doctorado en ascensos

Hai escasas semanas o Portomarín confirmaba o seu regreso á Segunda Galicia. Mesma categoría que alcanzaba no ano 2010. Firmou un incrible ascenso na última xornada ligueira. No campo da Ribela e ante o colista Sarria. E aquí temos o gran desenlace desta histórica tarde para os de Chao da Poza. Sen máis dilación, deixámosvos co […]

Palabra de…Iván Calaza: Que facemos ca Terceira?

A temporada na competición regular está chegando a súa fin, e para algúns equipos xa rematou. Tan só queda unha última xornada nos dous grupos de Segunda e que se decida o campión da promoción de ascenso nos dous da Terceira. Na última categoría do fútbol lucense xa hai un mes que finalizou a liga, polo menos na […]

Dous ascensos en tres anos

Hai un club na cidade de Lugo que non para de medrar. O SDC San Roque acaba de conseguir un histórico ascenso á Primeira Galicia e faino sendo o campión da Segunda grupo sur, a falta dunha xornada para rematala competición. O conxunto verdiblanco poderá desfrutar dunha derradeira xornada tranquila á marxe dos seus rivais que aínda […]

As notas da Segunda e da Terceira en semana de parón

O fútbol afeccionado marcha de mini vacacións antes de afrontala súa recta final. Na Segunda Galicia queda unha xornada e moito aínda que decidir. Na norte os postos de descenso en xogo e moi atentos aos posibles arrastres, mentras que na sur aínda queda unha praza de ascenso a que optan Ferreira (depende de si […]

I Copa Gallaecia de fútbol feminino

Hoxe presentamos a nova da celebración dunha competición de fútbol feminino, neste caso para rapazas en idade infantil. Nela participará un equipo representante da provincia de Lugo, a SCD Milagrosa!

As nosas redes falan!

Hoxe contamos cunha sección chea de homenaxes, celebracións e dedicatorias. Como todas as semanas, moitas grazas aos nosos seguidores por participar!!!

Once da Xornada 30 na Primeira Galicia

O Outeiro deu un paso máis de cara ao ascenso tras vencer ao sempre perigoso Páramo. O medio Aarón foi o máis destacado esta xornada. Na medular volve ao once o eterno Canario, que fixo de auténtico veterano ante o Riotorto. Nun dos encontros máis destacados, o focego conseguiu que todos bailasen ao seu ritmo. […]

Once da xornada 32 na Preferente Galicia

Os futbolistas máis destacados desta semana proceden daqueles equipos que máis éxito tiveron nos seus partidos. Gran protagonismo do Lugo B que só puido empatar e xa non depende de si mesmo para ascender e, tamén, do duelo provincial da xornada no que o Viveiro derrotou a unha Sarriana que cada vez se lle complica […]

Convocatoria definitiva selección lucense sub-12 masculina

Xa coñecemos desde o pasado xoves 6 de abril o listado de xogadores que foron convocados coa selección lucense sub-12 para disputar o campeonato galego que terá lugar o próximo martes día 11 de abril en Vilalba.

Palabra de… Manu Amor: E se aprendemos do rugbi?

Deporte rei sí, pero… por qué non aprender do rugbi? A nova de que un árbitro suspendera un partido no grupo balear da Terceira División porque lle chamaran “tonto” e “gilipollas” ata en tres ocasións, segundo él mesmo afirmou, foi protagonista a pasada fin de semana. Algúns diarios deportivos de calado nacional, para o meu […]

Hemeroteca: O Castroverde repite a súa historia

Hai menos dun mes que o Castroverde firmaba o ascenso á Segunda Galicia. Non era a primeira vez que o facían. Xa dicía Barceló, non o confundan co do ron, que «a Historia é un ciclo continuo, sen cortes, no que algúns dos seus parámetros fundamentais se repiten». E diso damos fé na nosa hemeroteca. […]

Un ascenso de libro

Subir de categoría non era o obxectivo marcado cando o Sporting Pontenova planificou esta temporada, ou polo menos así o afirma o seu adestrador, Dani Moirón. O certo é que, con propósito ou sen el, o conxunto da Mina foi o rival a batir na Segunda Galicia grupo norte. Nunha categoría marcada pola igualdade nos postos altos, o […]