«Nalgún momento o ideal sería volver», Martín López Ross

Iso de que a xente nova non fai camiño comeza a ser un tópico pouco real. Exemplos témolos no fútbol, como no caso de Martín López Ross «Ross» (Lugo, 1995). A pesar da súa xuventude, o futbolista criado nas categorías inferiores da Residencia e tras pasar tamén polos xuvenís do CD Lugo, iniciou unha aventura que o levou polo As Pontes, Rápido de Bouzas e o Coruxo. Neste último equipo non puido contar con minutos e a última temporada foi cedido ao Ourense CF da Preferente. Despois de participar na maior parte dos encontros como central ou lateral conseguiu, xunto cos seus compañeiros, o ansiado ascenso de categoría. Non perde de vista o fútbol lucense seguindo, entre outros, a seu irmán unha das fichaxes do Outeiro para a nova temporada. Agora atópase na búsqueda dun novo equipo que probablemente sexa o Areas, recén ascendido a Terceira División. Iso sí, co soño de algún día volver a súa cidade e vestir as cores vermella e branca.

Futbolinlugo: Cal é a túa situación actual?

Martín López Ross: Nestes momentos estou adestrando co Areas despois de desvincularme do Coruxo. En teoría quedareime alí.

«Xoguei case todo, tanto de central como de lateral»

F: Xa estiveches en varios equipos a pesar da túa xuventude, supoño que o ano pasado foi un ano especial…

MR: Conseguiuse o obxectivo. Xoguei case todo, non só de central senon tamén de lateral. Aportei todo o que puiden e ao final ascendeuse. Foi un ano en Preferente no que se cumpriu todo.

«Ao pensar que ía quedar no Coruxo pechouseme a porta de volver ao Ourense CF»

Ross tivo un papel destacado no Ourense CF onde xogou 34 encontros. Foto: Ourense CF

F: Non tiveches opción de volver ao Ourense CF para a nova campaña en Terceira?

MR: Ao estar adestrando en Coruxo pensando que ía quedar alí cada equipo vai confeccionando os seus xogadores e unha vez que pasan quince ou vinte días os cadros de futbolistas vanse completando. Foi o que me pasou en Ourense. Alí xa había sete ou oito defensas, o adestrador queríame pero xa non se puido dar esa posibilidade.

F: Compaxinabas adestramentos co Coruxo e co Ourense CF, como se levaba iso?

MR: Levábase ben. Eu estou estudando en Vigo e ir a Ourense obrigábame a perder catro ou cinco horas entre a viaxe e adestrar. Ao ter a posibilidade de adestrar aquí cun equipo de Segunda B e a bo ritmo, lévase moi ben. Adestraba tres días aquí e dous alí, polo que chegaba aos encontros moi ben fisicamente.

F: A pesar de que a túa situación te mantén fóra da casa, non tes gañas de volver ao fútbol lucense?

MR: O ideal sería nalgún momento volver e estar coa xente de casa. Cos que te coñecen e que te poidan animar.

«O desexo sería estar competindo no Anxo Carro»

F: Cal é o obxectivo que te marcas como futbolista?

MR: Sería estar competindo no Anxo Carro, pero hai que ir paso a paso. Hai que ter sorte, adestrar duro, non lesionarse e que che den a posibilidade.

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 560

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.