Alberto ‘Trucha’: «Reengancheime ao fútbol grazas a Rubén Arce»

Nesta casa amamos as historias de superación. As da xente que busca día tras día sacar o mellor de sí mesmo. E dos demais. Vivir nunha aprendizaxe constante coma lema de vida. Hoxe traémosvos un fermoso cóctel con todos estes ingredientes. Todos aglutinados baixo un mesmo nome: Alberto Pérez Cabado (Lugo, 1989). Moito máis ca un […]

Qué ver esta fin de semana? (23-24 setembro)

Doble ración de fútbol para este sábado e domingo. Para comezar, o sábado teremos  un clásico do noso fútbol versión xuvenil: Foz-Ribadeo. Un pouquiño máis tarde, un enfrontamento entre debutantes na Terceira Galega: Friol B-Rábade. O domingo viviremos o derbi da Preferente entre Ribadeo e Outeiro así coma o duelo entre dous dos invictos na Primeira […]

Os sobranceiros da Terceira Galicia na segunda xornada

O Cervo e o Corgo xa lideran en solitario os seus respectivos grupos da Terceira despois de dúas xornadas consecutivas. No grupo sur o Quiroga e o Sober colideran a categoría. Nesta xornada o Friol B debutou en partido oficial e o Relámpago Taboada iniciou a súa segunda campaña de vida despois de descansar na […]

Adrián Laureda: «Queremos colaborar cos clubes e facilitarlles as cousas»

Onte presentouse o novo convenio do CD Lugo cos clubes capitalinos de base. Un acordo que segue a liña do presentado hai uns meses con diversas entidades provinciais. Aínda que con pequenas novidades. Ninguén mellor para falarnos dos mesmos que Adrián Laureda, coordinador de fútbol base no clube albivermello. FUTBOLINLUGO: Ola Adrián! Falemos dese convenio […]

Novo calendario de xuvenís grupo sur

As retiradas do Corgo e da SG Comercial a última hora provocaron que a Federación tomase a decisión de volver a sortear o calendario da Primeira Autonómica grupo sur de xuvenís. Isto fai que esta competición comece dúas semanas máis tarde ca do grupo norte e tamén ca maioría das ligas de base da provincia. […]

Os onces da segunda xornada na Segunda

A segunda fin de semana de fútbol xa deixa no grupo sur un líder en solitario, a Milagrosa derrotou no seu segundo derbi consecutivo ao Sporting Lucense e encabeza a clasificación con seis puntos. É o único equipo que gañou os dous partidos. Pola súa banda, no grupo norte, cinco equipos encabezan a clasificación ao […]

Destacados Primeira. Xornada 3

O derbi do Sur tivo un claro nome: Diego Arias. O Ferreira sufriu o hat trick do atacante dun Lemos á alza. Moi preto, en Bóveda, volveu gañar o invicto San Roque. En Cerdeiriños, o Valadouro quedou con nove xogadores. E conseguiu os seus goles con dez homes no campo. Meritorio. Na Mina, chegou a […]

Trío de ases Terceira (Xornada 5) e Preferente (Xornada 4)

Onte foi un gran domingo na Chaira. Todos os seus equipos gañaron. Algúns de feito por primeira vez na tempada. Caso do Castro, que o fixo con suspense e algunha dúbida. Diego Núñez resolveu no minuto 92. Os veciños de Outeiro non foron menos. E superaron ao Viveiro pola mínima no derbi lucense da xornada. […]

As nosas redes falan!

Un luns máis chega a vosa sección, os destacados nas redes. A colaboración é cada vez maior, cousa que agradecemos!

Cholas, Outeiro «Nos primeiros momentos lévaste un apuro, pero sen máis»

Terceira xornada da Preferente. Partido na Porta Santa. O Paiosaco, un dos protagonistas da zona alta na última temporada, recibía ao Outeiro de Rei, un recén ascendido con moitas gañas. Os locais adiantáronse ben cedo no marcador, pero os pupilos de Peón non se asustaron, só o fixeron arredor do minuto 20 cando o seu […]

Qué ver esta fin de semana? (16-17 setembro)

Catro magníficos platos para esta fin de semana. Abrimos boca con fútbol base. Pola mañá, un gran Lugo-Celta na División de Honra xuvenil. E pola tarde o Calasancio da Liga cadete. Se ese encontro vos pilla algo lonxe, temos un gran derbi mariñán entre Cervo e Celta Barreiros na Terceira Galicia. O domingo, contamos cun […]

José Ángel: «O fútbol afeccionado é para disfrutar pero tómase en serio»

José Ángel González Rivas (Santa Comba, 1982). Un luxo para a noso fútbol afeccionado. Especialmente para o seu equipo: o Santa Comba. Tódolos domingos defende a portería do Tras do Novo. Algo que non lle resulta novo. Leva anos facendoo. E en escenarios moito máis impoñentes. Coma o Ángel Carro ou San Lázaro, entre outros. […]

Comezan as ligas provinciais!

As ligas provinciais de base en Lugo son sempre un cúmulo de sorpresas, emocións, bágoas de alegría e tristeza… e esta fin de semana botará a rodar o balón para inaugurar a temporada 2017/2018. Non obstante, non todos os rapaces comezarán esta semana. Se queres saber máis, continúa lendo.

Os sobranceiros da Terceira Galicia

A pasada fin de semana comezou a Terceira Galicia e o seu novo modelo de competición. Ó Friol B no grupo centro e o Relámpago Taboada no sur tocoulles descansar na xornada inaugural. A clasificación deixa ao Catro Roldas, Corgo e o Quiroga como os primeiros líderes dunha primeira fase da competición que será máis […]

Os onces da primeira xornada na Segunda

Comezou a Segunda Galicia e xa temos os primeiros protagonistas. Cabreiros e Friol encabezan a clasificación en ambos grupos despois de deixar a súas porterías a cero e ser os máximos anotadores. No grupo norte o Cabreiros venceu no derbi xermadino ao Roupar, ao igual que tamén o fixo o Burela no seu primeiro partido […]

Destacados Primeira. Xornada 2

Hoxe vai de goles a cousa. Juanjo Coello marcou catro no partido de tenis entre San Ciprián e Xove Lago (4-6). Michi fixo tres para o Chantada na goleada ante o Valadouro. E en só dezaseis minutos! Ademais, o Páramo volveu ver cartón vermello unha xornada máis. O derbi entre Lemos e Sarriana reuniu a […]

As nosas redes falan!

Xa temos practicamente todas as competicións iniciadas, a falta das ligas provinciais de base. Os detalles e homenaxes foron numerosos esta semana…

Trío de ases Terceira (Xornada 4) e Preferente (Xornada 3)

O Racing Villalbés sumou a súa primeira victoria da tempada ante un Compostela que chegaba invicto á Magdalena. Dous goles de Álex en 14 minutos unido ao doblete de Sergio, con asistencia incluida, déronlle os tres puntos aos chairegos. Pablo Vivero volveu ao once titular e Muiña dispuxo dos seus primeiros minutos esta campaña ante […]

Palabra de… Santi Real: A paréntese da temporada

Na cociña da miña casa está colgada, entre outras moitas, unha foto. Ubicadas na praia barreirense de Fontela-Valea, dez persoas de todas as idades posan ante a cámara do xornal El Progreso en formación de equipo de fútbol. A instantánea é previa á disputa dunha das pachangas que teñen lugar practicamente a diario nos meses […]

IX Trofeo Cidade de Lugo Feminino

A pasada fin de semana tivo lugar o Trofeo Cidade de Lugo, organizado polo ADC Sagrado Corazón, e consolidado xa como un clásico dos trofeos de base veraniegos. No torneo compiten rapaces en idade infantil, cadete e xuvenil, pero desde hai uns anos tamén incorporou a categoría infantil feminino, sendo así un dos torneos referencia […]