Os onces da segunda xornada na Segunda

A segunda fin de semana de fútbol xa deixa no grupo sur un líder en solitario, a Milagrosa derrotou no seu segundo derbi consecutivo ao Sporting Lucense e encabeza a clasificación con seis puntos. É o único equipo que gañou os dous partidos. Pola súa banda, no grupo norte, cinco equipos encabezan a clasificación ao conseguir os triunfos nos dous primeiros partidos, por diferenza de goles, o Cabreiros é o líder. Nestes momentos, o conxunto xermadino é o único conxunto imbatido en toda a Segunda Galicia lucense.

Esteban (Roupar) marcou catro goles na pasada xornada

No grupo norte, Guitiriz, Pol, Cospeito e Candelaria acompañan ao Cabreiros á fronte da clasificación. O Pol faino despois de derrotar ao Burela, nun dos grandes partidos da xornada. Destaca tamén a goleada do Roupar que conseguiu a súa primeira vitoria no primeiro partido na casa ao derrotar por 4-0 ao Abadín con catro goles de Esteban. Máis axustada foi o primeiro triunfo do curso para o Iberia, por 3-2 diante do Matela. Mondoñedo, Folgueiro, Meira, Abadín e Ourol non sumaron puntos neste comezo de liga.

Diego deixou imbatida a portería do Castroverde no seu debut

No grupo sur, Chantada Atlético, Becerreá, Chantada B e Ourol quedan a dous puntos do líder. O Chantada Atlético despois de gañar nunha das vitorias máis destacadas da xornada, por 0-3 fronte ao Monterroso B. Conseguiron a súa primeira vitoria da temporada o Palas (derrtou por 1-0 ao Friol) e o Brollón (venceu ao antas tamén por 1-0). No duelo de recén ascendidos, o Castroverde derrotou ao Portomarín grazas a un gol de Richard. Non sumaron ningún punto aínda o Santa Comba nin o Monterroso B.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario