Hoxe vai de goles a cousa. Juanjo Coello marcou catro no partido de tenis entre San Ciprián e Xove Lago (4-6). Michi fixo tres para o Chantada na goleada ante o Valadouro. E en só dezaseis minutos! Ademais, o Páramo volveu ver cartón vermello unha xornada máis. O derbi entre Lemos e Sarriana reuniu a uns 500 espectadores na Pinguela. Por último, ollo cos recén ascendidos. Tres dos catro seguen invictos: San Roque, Xermade e Pontenova. Sen máis dilación, aquí veñen os destacados desta segunda xornada!




