Palabra de… Rubén Candal: «Hai que saber, pero tamén hai que saber comunicar»

  Emprego estas liñas para falar sobre as características que os adestradores (permitíndome a licencia de considerarme eu un) teñen que ter, que son moitas, e sendo todas elas importantes gustaríame centrarme en escribir de dúas en concreto polo nexo tan especial que creo que teñen. Non porque posúan máis ou menos relevancia ca outras, […]

Que foi de . . . Docobo: un porteiro de Primeira

Nos primeiros anos da década dos 90, cando comecei a ver fútbol case que compulsivamente, e dunha forma moi modesta lle pretendía dar unhas patadas ao balón, sempre tiven claro que a portería era o meu sitio. Malia que non cheguei nin a xogar máis alá do fútbol base, e sen moito éxito, un sempre […]

Marino (C.D. Castro): «Imos dar guerra ata o final de temporada»

A finais de agosto, cando arrincou a temporada, o C.D. Castro era un dos equipos a ter moi conta na categoría. Malia facer unha gran temporada en Terceira División, non lles foi dabondo para manterse e retornaron á Preferente. O comezo do curso non foi o agardado, posiblemente polos trocos sufridos na plantilla e só […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. […]

Bo papel das Seleccións Lucenses SUB 12

  A pasada fin de semana competiron en Moraña as seleccións lucenses sub-12, nunha serie de encontros correspondentes á Segunda Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

Os sobranceiros da Terceira na terceira xornada da 2ª fase

  A igualdade impera no grupo da fase polo ascenso á Segunda Galicia porque ninguén foi quen de gañar todos os encontros disputados. Só o Corgo, cun partido menos, se mantén invicto cunha vitoria e un empate. No Trofeo Delegación o Friol B é o que sobresae nestes momentos no grupo norte á fronte da […]

Jorge Moirón: «Espero estar de volta e volver xogar no Sporting Pontenova»

Vai no ADN do fútbol afeccionado que moitos veces haxa que antepoñer outros asuntos ao propio fútbol. Algo que sempre está xustificado porque aquí os cartos non son os que te fan permanecer nun equipo, son outras necesidades persoais ás veces difíciles de explicar. Por motivos laborais, Jorge Moirón (A Pontenova, 1991) ten que deixar […]

Os onces da décimo oitava xornada na Segunda

  O Guitiriz deixa a primeira posición na clasificación do grupo norte da Segunda Galicia e o novo líder é o Cabreiros despois da súa vitoria no campo do Iberia. No grupo sur, mantense o liderado do Friol aínda que o Chantada B, segundo clasificado, está a tres puntos cun partido menos. No grupo norte, […]

Destacados Primeira. Xornada 20

*Valadouro-Monterroso: Gran actuación coral do Valadouro ante un Monterroso que acusou en exceso os seus erros. Javier Criado debutou nos de Cerdeiriños. O que non seguirá é o técnico JC Rodríguez. Adrián Vázquez volve aos mandos da nave vermella, segundo anunciou o propio clube. *Xermade-Foz: Goleada do líder ante un Xermade que viña en racha. […]

As nosas redes falan!

  Un luns máis, chegamos coa sección que vós podedes protagonizar!

Trío de Ases Terceira (Xornada 23) e Preferente (Xornada 22)

Dous equipos lucenses abriron a xornada na matinal do domingo. O Ribadeo estivo a piques de levar tres puntos de ouro do campo do Atlético Arteixo. O conxunto no que milita Dapo, exxogador dos mariñáns, impediuno cun tanto de Geri no desconto. Empate. Unha mágoa porque os de Fiz Rodríguez chegaron a ir gañando por […]

Palabra de… David Díaz ‘Chumi’: «Un segundo»

Un segundo, o que pode cambiar a vida nesa pequena fracción de tempo. Que llo digan a Iniesta. Imaxinádesvos que tardara un segundo máis en golpear o balón aquel 2010 en Johannesburgo? Pois si, ese segundo significou un Mundial! Pero non sempre ese segundo trae consecuencias positivas. O Sangoñedo. 3 de decembro do 2017. SD […]

Palabra de… José Carlos Díaz: «Quince anos baixo os paos»

Quince anos, ese foi o tempo que eu botei no Iberia CF, toda a miña vida futbolística!!! E debín ser tan malo que ningún outro equipo se fixou en min, xa que nunca tiven oferta algunha para cambiar de club. Ainda que pareza raro logo de xogar 15 anos ó fútbol, tardei en coller a […]

Mery e Peque, da SCD Milagrosa, convocadas coa Selección Galega SUB 18

«Mery» e «Peke» xogan no equipo feminino sénior da SCD Milagrosa pese a súa corta idade, polo que xa teñen un gran mérito nas súas costas. Por enriba, contando con minutos dabondo e sendo parte importante do plantel do equipo do López-Gorgoso.

Fiz Rodríguez (Ribadeo F.C.) «Debemos ser máis regulares se queremos ter opcións de chegar ao segundo posto»

O Ribadeo FC vén de colleitalo pasado domingo un novo triunfo ante o Ordes, que coloca aos mariñáns terceiros, en postos de promoción de ascenso, a tan só tres puntos dos postos que dan acceso á Terceira división. A falta de regularidade do equipo, caendo ante os equipos da zona baixa da clasificación, impedíronlle ao […]

O partido da xornada . . . C.F. Riotorto – S.D. Sarriana: o ascenso en xogo na Veiga

O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo […]