Galería de imaxes: CD Corgo 1-1 Ferreira FC

A pasada fin de semana, a cámara de Leti Fernández estivo de novo seguindo de preto os pasos do seu equipo, o Ferreira FC. Hoxe traemos da súa man a galería das imaxes do duelo que mediu a CD Corgo e Ferreira FC!

Destacados Primeira. Xornada 5

*Pol-Pastoricense: Cuarta victoria consecutiva para o Pol. O cadro de Abad encarrilou o encontro na primeira metade e fixo o 3-0 ao comezo da reanudación. Ese tanto espoleou aos de Fran Veiga, que conseguiron recurtar as diferenzas a un só gol. Nos últimos minutos, o Pastoricense dispuxo de dúas ocasións a balón parado para poder […]

As nosas redes falan

Esta fin de semana voltou ser importante para o fútbol feminino lucense coa presentación da SD Burela ante a súa afección na Marosa Cup. Ademais, as redes sociais tamén recolleron a conexión do programa televisivo «Operación Triunfo» co fútbol da provincia por parte do Roupar e do Xermade. O cadro adestrado por Rebolo comezou moi […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 6)

Dúas derrotas para os nosos representantes na Terceira. O Polvorín non puido sacar nada positivo de Calabagueiros e caeu derrotado por un tanto a cero ante o Barco, nunha tarde de abafante calor, tendo que realizar unha pausa para hidratarse. Os de Durán tiveron ocasións para adiantarse por medio de Rayco, Quezada e Pablo Rey, […]

Palabra de… Richard Huerta: «Vinte e dous anos de fútbol, vinte e dous de Castroverde»

Dicía Carlos Gardel nunha canción que vinte anos non son nada, pero cando pasan correndo detrás dun balón pola Veiga do Olmo a cousa cambia. A miña incorporación o mundo do fútbol foi tardía. Comecei a xogar aos dezaseis anos e de casualidade (cousa de miña nai). Iso si, vintedous anos despois ainda sigo gastando botas polos […]

O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: choque de contrastes no Arturo Pereiro

O domingo ás 17 horas, o Arturo Pereiro será o esceario do encontro entre Castro e Ribadeo, dous dos representantes lucenses na Preferente Norte. Con pasado non moi lonxano en Terceira División, a situación a día de hoxe dos dous clubes é moi diferente. O cadro chairego ocupa a antepenúltima praza na clasificación con dous […]

Os sobranceiros na 2ª xornada da Terceira

Catro equipos comezaron sumando seis de seis na Terceira Rexional. Muimenta e Milagrosa no grupo norte e Paradela e Quiroga no sur. Non obstante, algúns non o puideron facer porque aínda non xogaron dous encontros. O Taboada B xogou o seu primeiro partido oficial a pasada fin de semana con vitoria; mentras que o Castroverde, […]

As nosas guerreiras do fin de semana

[themoneytizer id=»15360-28″] O fútbol feminino provincial está acadando magníficos resultados estas xornadas. Comezando polo CD Lugo-PM Friol, que venceu por 1-2 na casa do Racing de Santander e comeza a postularse como un dos equipos candidatos ao ascenso á Primeira División.

Galería de imaxes, Ferreira CF 1-1 Palas CD

O pasado fin de semana tivo lugar un vibrante choque no Baliño que enfrontou a Ferreira e Palas e que rematou con empate a un gol. Leti Fernández estivo presente no encontro, e cedeu para Futbolinlugo en exclusiva estas imaxes do partido!

Os onces da 3ª xornada na Segunda

Tres equipos contan os seus partidos por vitorias neste comezo da Segunda Rexional. O Guitiriz e o Xermade colideran o norte, mentras que o Portomarín asume a cabeza da clasificación en solitario. Peor lles van as cousas ao Meira, Bóveda, Monterroso B e Oural; estes catro equipos non sumaron ningún punto nas tres xornadas de […]

Destacados Primeira. Xornada 4

*Pastoricense-Atlético Escairón: Empate sen goles nun encontro nivelado. O Atlético Escairón tivo dúas claras na primeira metade e o choque abriuse tralo descanso. Oportunidades para ambos equipos porén a pólvora mollada. O Pastoricense creou perigo a balón parado. *Friol-Residencia: Kevin aproveitou un desaxuste defensivo para marcar ao pouco do comezo. O choque colleu claro calor branquiazul […]

As nosas redes falan

O uso das redes sociais aumenta nos equipos de fútbol da provincia. Dous exemplos témolos nos últimos días en dúas contas de twitter. O Abadín estreouse na rede social dos chíos no día do derbi ante o Mondoñedo (0-0) e o Catro Roldas volveu usar a súa conta tamén de twitter despois dun tempo sen […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 5)

Por fin chegou o primeiro triunfo do Polvorín en Terceira División. Houbo que agardar ata a xornada 5, a primeira na que o filial do C.D. Lugo xogou como local malia a facelo en Friol, para sumar tres puntos. Venceu 1-0 ao Porriño Industrial con gol de Antón Escobar no minuto 86. Triunfo moi traballado, […]

Palabra de… Víctor López ‘Vittin’: «Do banquiño…á grada»

Esa foi a miña decisión. “Afastarme” por un tempo dos banquiños. A motivación de dita decisión, ou mellor expresado, a razón á que lle botei a culpa para deixar de adestrar temporalmente foi por seguir a miña formación (cursar o nivel de adestrador nacional Uefa Pro). E digo botarlle a culpa posto que sendo o […]

Xenxo (C.D. Foz): «Volver a Cantarrana será moi especial»

Sete anos despois, Viveiro e Foz voltan a verse as caras en competición oficial na Preferente Norte. Será este domingo ás 18 horas en Cantarrana. Un derbi mariñán que chega logo de que ámbolos conxuntos estrearan a pasada xornada o seu casilleiro de puntos, polo que, o que acade a victoria poderá comezar a mirar […]