Destacados Primeira. Xornada 8

*Chantada Atlético-Outeiro de Rei: Goleada do cadro de Cholas no Saviñao ante o pechacancelas da categoría. O Outeiro dominou por completo ao seu rival e dispuxo de oportunidades suficientes para lograr unha maior vantaxe ao descanso ca dous goles. A expulsión de Lois para o conxunto de Fran Regal foi un engadido, un problema máis. Na reanudación, Diego Redondo fixo o terceiro e matou o encontro. A partires de aí, os visitantes temporizaron co balón. Aínda así, Pereira e Dani Renda puxeron a guinda con dous tantos máis.

*Friol-Atlético Escairón: Encontro moi disputado que decidiu Dani Roca, que segue en estado de gracia. A primeira metade foi pouco vistosa para o espectador, cun par de aproximacións por equipo. Ao volver de vestiarios, Dani Roca fixo o único tanto cun testarazo a centro de Rafa Casanova. O Friol perdonou a sentencia nunha xogada maradoniana de Adrián. O Atlético Escairón rozou o empate no tramo final, especialmente nunha ocasión que sacaron os de Jon Vázquez in extremis. Os do Saviñao asediaron ao final en inferioridade pola expulsión de Toti. Iso sí, os puntos quedaron na Reigosa.

*Taboada-San Ciprián: O conxunto de Lekumberri, con importantes e numerosas ausencias, coqueteou co empate en Ladairo (Guntín). O Taboada dominou o primeiro tempo e creou perigo a balón parado. Guerreiro impuxo a súa lei nun balón parado e mínima vantaxe ao descanso.  Na reanudación, o San Ciprián quedou con dez e Guerreiro marcou de novo. Os mariñáns tiraron de orgullo e empataron a contenda en catro minutos, entre o 82 e  86. Igualada estéril. Os de Martín Murado levaron o triunfo no tempo de desconto, nunha acción dubidosa por posible man e fóra de xogo.

*Xove Lago-Monterroso: Igualdade nunha primeira metade sen goles. Máikel abriu a lata ao comezo da segunda porén Dabouza puxo moi pronto a igualada de novo cun testarazo. O Xove Lago desperdiciou ocasións suficientes como para levar a victoria. Rematou tres veces ao pau, unha ao longueiro e mesmo viu como o colexiado lle anulaba un tanto nun saque de esquina. Era a derradeira xogada do encontro. Punto valioso para os de Roberto Rielo, que tamén se toparon coa madeira. Empate insuficiente para os de Miguel Sancosmed, que queren escalar xa na táboa.

*Pastoricense-Sporting Pontenova: A Mina viviu un encontro con ocasións para ambos bandos. Tanto Pastoricense coma Pontenova buscaron ser protagonistas con balón. Iso sí, os goles nunca chegaron. No tramo final da primeira metade, os de Andrés Bouza perderon presenza en campo contrario. E sufriron cos ataques locais, cheos dous contra un por banda dereita. Os mariñáns axustaron no descanso e meteron en apretos ao seu rival na reanudación.

*Burela-Chantada: Unha parte para cada equipo na Marosa. O Burela estivo máis acertado nunha primeira metade con poucas ocasións e adiantouse no marcador cun novo gol de Jony. Na segunda, o Chantada arriscou e mellorou considerablemente. Os de Juan Rodríguez chegaron porén as súas oportunidades non foron do todo claras. Os de Jaime Méndez mostráronse moi ordenados en defensa e sentenciaron o partido nun contragolpe. Ferreiro cometeu pena máxima e Jairo non fallou dende os once metros.

*Riotorto-Pol: Duelo de pistoleiros na Veiga. Manolito perdonou dous man a man na primeira metade. Non o fixo Iván González, que puxo o 0-1 ao descanso. O Riotorto lanzouse a pola remontada na reanudación. Porén Ibai, nun roubo diante da portería local, fixo o segundo. Os puntos semellaban ir para o Manuel Luna. Caprichos do fútbol, o último ataque de ímpetu dos de Labrada atopou o seu premio. Manolito marcou o 1-2 no 85 e David Silva igualou no desconto. O Riotorto aínda tivo tempo para fallar algunha ocasión máis e rozar a pura épica.

*Lemos-Páramo: Os de Edu Rodríguez abriron a lata nada máis comezar. Aínda así, o Páramo aguantou o ritmo local durante a primeira metade, xerando incluso peligro en accións aisladas e a balón parado. Antes do descanso, Armesto puxo terra de por medio co segundo gol. Na segunda metade, o Lemos foi o claro dominador nun encontro roto, con oportunidades para os dous conxuntos. Sendo sempre máis claras para os monfortinos. Castañer firmou un doblete.

*Santaballés-Residencia: O cadro de Meilán firmou unha gran posta en escea ante un Santaballés que esperou o seu momento. Un gol de Seo a centro de Jandro foi o máis destacado dunha primeira metade nivelada. Xusto antes do descanso, o cadro de Simón sufriu a expulsión de Dani ao igual ca do propio técnico local. En inferioridade, os chairegos apostaron polo repliegue e buscar unha contra para sentenciar. Nun ataque, o Santaballés atopouse cun penalti sobre Álex Novás, que o mediapunta non fallou. Dani Galán meteu á Residencia no encontro cunha das súas especialidades: tanto de falta. Os locais souberon sufrir ante os capitalinos, que pudieron empatar perfectamente no tramo final. Palomo culminou unha gran actuación co terceiro e definitivo tanto no partido da xornada.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario