Sanitarios de ouro. Capítulo 2

Corren tempos difíciles para todos. A crise do coronavirus Covid-19 ten a máis dun tercio da poboación mundial confinada na súa casa. Un dos danos colaterais que supón esta situación é a ausencia de toda competición deportiva, profesional ou non. Isto é, que estamos sen fútbol. E polo momento, non hai trazas de cambio.

Porén, como xa anunciabamos o pasado luns, ás veces o fútbol non ten que levar todo o protagonismo. É tempo de ensalzar a esas figuras que estes días están traballando para axudar á nosa sociedade a salir desta, xogándose a súa integridade pola de todos nós (actitude propia de heroes en películas e novelas, en termos de Joseph Campbell).

Ademais, no noso fútbol contamos cun bo número de persoas que, vinculadas dun xeito ou outro a este deporte, desenvolven estes días os seus traballos pola saúde de todos. Hoxe, en Sanitarios de ouro, Brais Vázquez e Manu Rodríguez. O primeiro, adestrador da SD Páramo e enfermeiro de Atención Primaria no P.A.C de Quiroga e o C.S de Ribas de Sil. O segundo compaxina o seu labor como adestrador do Taboada CF e do CP Calasancio Cadete “A” coa súa profesión de enfermeiro en institucións penitenciarias.

NALGÚN MOMENTO RECUPERAREMOS A NORMALIDADE. 

Brais Vázquez

“A situación, por descoñecida, estanos superando a todos. Isto cambia cada día e cada semana, tanto no persoal coma no laboral, pero estamos desmostrando todos unha grande profesionalidade para actuar rápida e eficazmente en todo momento. Agora mesmo estamos movilizándonos onde o servizo nos necesita, ou facendo probas a domicilio ou prestando atención nos puntos de atención continuada. A situación é dificil pero espero que nos sirva a todos para valorar e entender que a prevención e promoción da saúde debe ser o piar básico de calquera presuposto lóxico.”

Está claro que nalgún momento a competición voltará, igual que a normalidade ás nosas vidas, pero eu son dos que opino que é complicado que a competición en categorías modestas e de base remate. Creo que as medidas de confinamento non están sendo asumidas estrictamente e os prazos é probable que se amplíen, posiblemente as próximas semanas serán máis duras sanitariamente falando, entón creo que o deporte amateur pasa a último plano e entendo que o regreso darase de novo en agosto, por seguridade de todos, non sei se reanudando como se deixou ou comenzando de novo, eso decidirao despoís quen teña esa competencia.”

SERÁ COMPLICADO RETOMAR Á COMPETICIÓN. Manu Rodríguez

“Esta situación no está sendo fácil para ninguén, ainda que son enfermeiro  sinto  frustración, nervios e sobre todo impotencia. Trato de ir a traballar cun sonriso na cara pero o peor é cando voltas a casa e tes medo a contaxiar a parte da túa familia, xa que algúns son persoas de alto risco.”

“A verdade é que vexo bastante complicado poder retomar a competición. Segun parece, en Galicia o pico máximo será nas primeiras semanas de abril, polo que entendo que este confinamento se terá que alargar. Creo que nestes momentos temos que darnos conta de que por riba do fútbol está a saúde. Si voltamos moi pronto a competir o virus pódese seguir propagando de non estar totalmente erradicado. Co cal a mellor opción é ser cautos e “quedar na casa”.”

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario