Sanitarios de ouro. Capítulo 4

Son noticia a nivel nacional. Mentres practicamente todo o país se acha nas súas casas, eles pelexan e traballan día tras día para conseguir que esta crise sanitaria non sexa peor do que xa está a ser. Son protagonistas agora, pero tamén o son cada domingo nos campos de fútbol! Hoxe, unha nova edición de Sanitarios de ouro!

Os nosos protagonistas de hoxe son Alejandro Vázquez Ratón, xogador do Taboada CF e enfermeiro na área sanitaria de Monforte de Lemos, e José Álvarez «Olano», do Ferreira CF e Enfermeiro- Docente de Sanitaria no CIFP Portovello de Ourense.

Facer caso aos consellos. Alejandro Vázquez

«Estouno levando con tranquilidade e respetando o mellor que podo as medidas preventivas indicadas. Saio o mínimo da casa, solo para traballar e por necesidades básicas, e o resto do tempo pois descanso, vexo series e películas, exprimo o móbil, mantéñome informado e intento estudiar. O importante é facer caso das recomendacións das autoridades e arriscar o mínimo posible a nosa saúde, a dos nosos familiares e a da comunidade, en xeral.»
«O regreso véxoo con moita incertidume xa que esta situación creo que se vai alargar e aínda que melloren algúns aspectos o virus seguirá con nós e sería un risco compartir vestiario, equipacións, material, botellas, celebracións… As probabilidades de contaxio aumentarían e habría equipos moi afectados para afrontar os partidos e os entrenos, ademáis da normal perda de forma física neste tempo de corentena. Polo tanto, creo que o menos inxusto sería dar por finalizada a competición, sen ascensos nin descensos, e para a nova tempada retomala con todas as garantías de saúde e con igualdade para todos.»
Vai ser difícil volver a xogar esta temporada. José «Olano».
«Bótanse de menos os entrenamentos e o partido da fin de semana. Quedei en Ourense, e aquí o confinamento se leva peor que en Ferreira, temos mais servizos pero menos espacio para pasar o día.» 
«Sendo realistas vexo moi difícil xogar mais partidos esta tempada. O peor da pandemia está por vir, e agora mesmo todo o tema deportivo debe quedar nun segundo plano. Temos o exemplo de China, que con medidas mais restrictivas que aquí, tardaron 2 meses en controlar mínimamente a situación. Toca encerrarse na casa e coidar dos nosos maiores. A capacidade de contaxio do virus queda demostrada cos positivos en equipos de diferentes deportes. Así que toca calma, paciencia e ir día a día vendo como evoluciona todo.»
Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.