As nosas redes falan!

Unha semana máis, chega a vosa sección. Os comentarios nunhas redes nas que, cada vez, Futbolinlugo goza de máis interacción pola vosa parte!!!

Fase Intermedia Campionato Galego Benxamín

Así lucía onte o Municipal de Becerreá, que albergou a Fase Intermedia do Camponato Galego Benxamín, e na que contamos con representación lucense por parte do CD Lugo e a SDC Residencia.

Ángel Villar, Friol: «É complicado ter que facer un plantel novo cada ano»

O Peluquería Mixta Friol fixo unha gran campaña, rematando no quinto posto da Segunda División feminina, unha posición sen dúbida honrosa para un clube dunha pequena vila como o é Friol. Os grandes resultados que está a acadar o conxunto débense en gran parte ao seu presidente, Ángel Villar Hermida.

As nosas redes falan!

Como cada mércores, é o turno da vosa sección.  Nesta semana temos a todo un grande nela, ademáis de un Castro que de seguro voltará á Terceira División, e a todo un icono de Cerdeiriños.

Os grandes aspirantes da base lucense

Como ben saben os nosos lectores, Futbolinlugo dedica todos os domingos ao fútbol base, outorgando así o recoñecemento que merecen todos os rapaces e rapazas de entre seis e dezanove anos que cada fin de semana se visten de curto para defender uns colores e loitar xunto aos seus amigos por unha victoria.

Calendarios dos Campionatos Galegos de Fútbol-8

Xa coñecemos aos rivais aos que se enfrontarán os equipos prebenxamíns, benxamíns e alevíns representantes da nosa provincia nos distintos Campionatos Galegos que terán lugar en diferentes sedes. Unha delas, a correspondente aos benxamíns, será Becerreá.

As nosas redes falan!

Esta semana, de novo, dominan os tweets. A sección de hoxe chega cargada de tristeza, esperanzas… e humor!

Cruces das fases de ascenso infantil, cadete e xuvenil

Xa coñecemos aos equipos que se enfrentarán aos representantes lucenses nas fases de ascenso á Liga Galega. A algúns deles (os primeiros clasificados de cada categoría) bastaralles con superar unha eliminatoria para cumprir o obxectivo da tempada. Os segundos clasificados do Provincial terán que superar ata tres eliminatorias.

Rubén Núñez, SDC Residencia: «Podemos plantar cara a calquera»

Onte, a nosa cámara estivo na Cheda para inmortalizar o triunfo da Residencia cadete sobre a Ferroviaria, victoria que lle serviu aos locais para erixirse como campións da Liga Provincial e contar cun billete para a fase de ascenso á Liga Galega Cadete. Hoxe falamos con Rubén Núñez, adestrador desta gran Residencia.

Graham Martin: «O mellor do fútbol é que cando xogas sempre o pasas ben»

Hoxe, demostramos que o fútbol non entende de fronteiras nin de idades. Graham Martin, de 63 anos e natural de Londres, leva moitos anos na nosa terra e tamén xogando ao fútbol veterán cada domingo en Nadela. Concedeunos cinco minutos da súa axetreada axenda para falar con él.

As nosas redes falan!

Esta semana os protagonistas da sección son os tweets, que superan totalmente en número ás entradas de Facebook.

Os campións de Montirón

A pasada semana, o Polvorín infantil proclamábase campión da Liga Provincial e asegurábase unha praza na fase de ascenso á Liga Galega. Os amarelos chegan a esta fase cheos de confianza, e coñecedores de que só teñen que superar una eliminatoria para conseguir levar tras moitos anos a un equipo do Polvorín de volta ao máximo […]

As nosas redes falan!

Hoxe contamos con varias alegrías nesta sección, pero tamén cunha parte negativa… Velaquí os nosos protagonistas.

Calendario das Copas Xuvenil, Cadete e Infantil

Xa coñecemos os cruces que terán lugar nas copas xuvenil, cadete e infantil nesta tempada 2016/2017. Faltan por coñecer os protagonistas de cada enfrontamento, á espera de finalizar a competición das distintas fases, pero algún dos enfrontamentos destas copas xa terán lugar esta fin de semana.

Álex Antón, CD Lugo: «Os xogadores compaxináronse moi ben e moi rápido»

Hoxe falamos con Álex Antón, adestrador do Xuvenil A do CD Lugo, equipo que milita na División de Honra Xuvenil, enfrontándose con clubes tales como Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Sporting de Xixón, Real Oviedo, Racing de Santander… Este ano, o conxunto asinou unha brillante campaña, ao rematar a competición en cuarta posición, sendo tan […]

As nosas redes falan!

Unha semana máis, chegan as entradas de Facebook e os tweets máis destacados desta pasada xornada. A pesares de non disputarse xornada nas ligas autonómicas, o fin de semana estivo cheo de emoción, en especial polo Torneo José Manuel Alvelo de Monterroso!

O Palas xuvenil non deixa de medrar

Hoxe falamos con tres xuvenís do CD Palas, equipo que non deixa de acadar éxitos e de sorprender co seu fútbol. De feito, cada vez é maior a masa social que se despraza aos Chacotes cada 15 días para ver xogar a estes rapaces!