As nosas guerreiras da fin de semana

Como cada xoves, hoxe traemos unha vez máis a sección na que analizamos a xornada das nosas futbolistas, quen -como xa nos teñen afeitos- defenderon o nome da provincia durante os noventa minutos. Agora, nós analizamos ditos choques!

O partido en imaxes: Xove Lago-SD Burela (2-4)

O pasado domingo tivo lugar en Xove un apaixoante derbi mariñano, que enfrontou aos locais co Burela e que se saldou con victoria dos visitantes por dous goles a catro. Antonio Vaztra estivo presente no choque e sacou esta marabillosa galería de imaxes!

As nosas guerreiras da fin de semana

Como todos os xoves, hoxe traemos a sección semanal de fútbol feminino. As nosas rapazas, domingo tras domingo, compiten por deixar o nome dos seus clubes e da provincia o máis alto posible.

As nosas guerreiras da fin de semana

Con todas as competicións femininas comezadas, retomamos unha das seccións máis importantes da nosa web, na que facemos un breve resumo do que foi a xornada para as nosas futbolistas e, como novidade, introducimos ás xogadoras máis destacadas de cada choque!

O partido en imaxes: Ferreira CF-SDC Santa Comba (2-1)

Volveu o fútbol ao Baliño, e volveu con victoria para os locais. Tras un duelo moi igualado, o Ferreira superou ao Santa Comba pola mínima, 2-1. Como é habitual, Leti Fernández presenciou o choque e nos deixou unha gran galería de imaxes do mesmo!!

O partido da xornada… Taboada CF «B»-Carballedo CF: A Terceira Galicia volve por todo o alto

Fíxose de rogar, pero xa está aquí. A Terceira Galicia botará a rodar este sábado en distintos puntos da provincia nun ano que estará cheo de novidades (Nausti, SD Viveiro, Carballedo), filiais que aspiran ao máis alto (Lemos, Taboada, Friol) e clubes cun cadro de xogadores digno de categorías moi superiores que buscarán o salto […]

As nosas xa teñen calendarios

O fútbol feminino, ao igual que o masculino, volve á nosa provincia. As futbolistas que militan na SD Chantada, Carballedo CF, PM Friol «B», CD Lugo, Comercial e SD Antas xa coñecen os seus calendarios e contan os días que restan para o momento no que comecen as competicións.

Diario dun mercado. Episodio 135

Esta semana comezan a Terceira División e a Preferente Norte, nas que os nosos clubes buscaran sumar os primeiros puntos dunha prometedora campaña. Porén, as categorías autonómicas terán que agardar un par de semanas máis, de aí, polo que os clubes que militan nelas atópanse a apurar as últimas incorporacións!

O fútbol base volve a Futbolinlugo

Durante a pasada campaña, o fútbol base foi o gran olvidado na nosa web. Porén, este ano trataremos de recuperar puntualmente a información de todas as categorías inferiores, das que se remata nutrindo o fútbol provincial do que estamos orgullosos de poder falar.

O fútbol burbulla volve a Baamonde!

As primeiras semanas de agosto son as máis duras para os nosos xogadores, xa que comezan as pretemporadas nas que prima o traballo físico por riba de calquera outra cousa e ao que se xuntan as altas temperaturas que caracterizan a este mes!

O gran reto do PM Friol

O campo da Reigosa, en Friol, será testigo dunha campaña histórica para o conxunto de féminas da vila. Tras unha gran temporada, as friolenses acadaron un ascenso que outorgaba ao clube o dereito de xogar na Primeira División «B» na 19/20.

Diario dun mercado. Episodio 117

Non pasaron nin 24 horas desde que publicamos o anterior episodio do Diario dun mercado pero, entrado o mes de xullo, todos os clubes apuran a confección dos seus cadros de xogadores e as novas acumúlanse na nosa provincia.

Diario dun mercado. Episodio 116

Isto non para. En canto nos despistamos durante unhas horas e comezamos a revisar as redes sociais, atopámonos cun enorme número de novas no fútbol da nosa provincia. Uns que din «adeus», outros que deciden continuar nos seus clubes, os hai que comezan novas etapas… todo iso e moito máis, nesta edición do Diario dun […]

Diario dun mercado. Episodio 111

Cun número capicúa comezamos os diarios «despois do All Star». Tras teren abandonado durante uns días os movementos do mercado, acumúlanse as novas. Renovacións, despedidas… sorpresas e moito máis nesta edición!!

Diario dun mercado. Episodio 110

Día tras día acumúlanse as novas na nosa provincia. Despedidas, benvidas, renovacións… todo iso e moito máis nesta edición do Diario dun mercado!

Diario dun mercado. Episodio 109

En plena organización do I All Star Futbolinlugo, tamén nos achamos inmersos nun momento chave no mercado de fichaxes. As pezas máis cotizadas do mesmo dispútanse entre os distintos clubes, mentres outros apostan por novas xoias ou por dar continuidade aos seus cadros de xogadores!

Diario dun mercado. Episodio 108

O mercado non para. Clubes e xogadores son conscientes do preto que se atopa o comezo da vindeira campaña, e queren pechar os acordos o antes posible, para crear expectativas e obxectivos tanto no persoal como a nivel de conxunto.

Diario dun mercado. Episodio 107

Coa resaca do Arde Lucus e as diferentes verbenas aínda presente, o mercado de fichaxes non perdoa e continúa a moverse. Hoxe repasaremos as máis recentes novedades, desde a Terceira Nacional até a Terceira Galicia.

Diario dun mercado. Episodio 105

Pese a atoparnos aínda no mes de xuño, pendentes de coroar aos campións das distintas copas, o mercado de fichaxes xa está moi activo. A maior parte dos clubes queren ter pechados os seus cadros de xogadores o antes posible, de cara a preparar ben a temporada 2019/2020.

O gran dilema de Rafa Casanova

O 25 de maio, o Friol asaltaba O Acebreiro na primeira ronda da copa, superando 1-3 ao Pastoricense. Curiosamente, o primeiro tanto do choque (0-1) sería asinado por un home que desenvolve ao mesmo tempo as tarefas de xogador -normalmente, destacado- e de presidente do clube. Un home dabondo coñecido na provincia, Rafa Casanova.