Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 8)

Outra xornada máis sen triunfos en Terceira. O Racing Vilalbés non pasou do empate na Madalena ante o Ribadumia e o Polvorín caeu derrotado na súa visita a Redondela para medirse ao Choco. Na Preferente, a Sarriana suma e segue, mentras que o Foz está a facerse forte no Martínez Otero, onde venceu ao San […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 7)

Viveiro e Sarriana acadaron os únicos triunfos dos equipos lucenses de Terceira e Preferente, nunha séptima xornada, na que a traxectoria de varios conxuntos comeza a ser preocupante. O Racing Vilalbés colleitou na tarde do sábado a cuarta derrota consecutiva. O cadro de Xoan Peón amosou unha boa imaxe perante o Bergantiños, líder invicto da […]

Diego Rego (E.D. Lourenzá): «É o momento idóneo para sumalos tres puntos e gañar confianza»

Non comezaron as cousas da mellor maneira para o Lourenzá nesta temporada. Con catro encontros disputados ocupan o derradeiro posto da Segunda Autonómica – Grupo Norte, con só un punto, o acadado en Santa Cruz na primeira xornada ante o Roupar. A partir de ahí, tres derrotas ante Comercial, Folgueiro e a derradeira, e quizais […]

O partido da xornada . . . Club Lemos – S.D. Chantada: vellos coñecidos, mesmos obxectivos

Antes de comezala temporada, ao falar de posibles candidatos ao ascenso de categoría na Primeira Autonómica, Lemos e Chantada aparecían en case que tódalas apostas. Ben é certo que a competición, a medida que vai transcorrendo vai poñendo a cada equipo no seu lugar, pero no caso destes dous clubes, con só cinco xornadas disputadas, […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 6)

Dúas derrotas para os nosos representantes na Terceira. O Polvorín non puido sacar nada positivo de Calabagueiros e caeu derrotado por un tanto a cero ante o Barco, nunha tarde de abafante calor, tendo que realizar unha pausa para hidratarse. Os de Durán tiveron ocasións para adiantarse por medio de Rayco, Quezada e Pablo Rey, […]

O partido da xornada . . . C.D. Castro – Ribadeo F.C.: choque de contrastes no Arturo Pereiro

O domingo ás 17 horas, o Arturo Pereiro será o esceario do encontro entre Castro e Ribadeo, dous dos representantes lucenses na Preferente Norte. Con pasado non moi lonxano en Terceira División, a situación a día de hoxe dos dous clubes é moi diferente. O cadro chairego ocupa a antepenúltima praza na clasificación con dous […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 5)

Por fin chegou o primeiro triunfo do Polvorín en Terceira División. Houbo que agardar ata a xornada 5, a primeira na que o filial do C.D. Lugo xogou como local malia a facelo en Friol, para sumar tres puntos. Venceu 1-0 ao Porriño Industrial con gol de Antón Escobar no minuto 86. Triunfo moi traballado, […]

Xenxo (C.D. Foz): «Volver a Cantarrana será moi especial»

Sete anos despois, Viveiro e Foz voltan a verse as caras en competición oficial na Preferente Norte. Será este domingo ás 18 horas en Cantarrana. Un derbi mariñán que chega logo de que ámbolos conxuntos estrearan a pasada xornada o seu casilleiro de puntos, polo que, o que acade a victoria poderá comezar a mirar […]

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Taboada C.F: o derbi en campo neutral

Unha das datas sinaladas en vermello no almanaque dos xogadores e siareiros de Chantada e Taboada é a deste domingo. Enfrontamento directo entre equipos veciños, entre amigos e compañeiros, pero durante os noventa minutos grandes rivais. A cita será ás 17:30 horas deste domingo día 16, pero o encontro non poderá disputarse no Sangoñedo, ao […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 3)

Xornada sen victorias dos equipos lucenses na Terceira División. O Racing Vilalbés empatou a dous tantos na Madalena ante o Boiro. “Vendo os primeiros vinte minutos a sensación era que o encontro ía ser para nós, logo igualouse a contenda e a partir do empate deles precipitámonos co balón e non fumos capaces de marcar […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 2)

Na Terceira unha de cal e e outra de area. Gran triunfo do Racing Vilalbés en Calabagueiros ante o Barco  (2-4), un equipo chamado a estar nos postos altos da clasificación. Un hat trick dun inspirado Javi Ballesteros foi suficiente para os de Xoan Peón. Peor lle foron as cousas ao Polvorín na súa visita […]