Diario dun mercado. Episodio 397

Coa temporada xa andando en Segunda RFEF, Terceira RFEF, Preferente e Primeira, e a piques de facelo en Segunda e Terceira Galicia, repasamos máis movimentos nos conxuntos lucenses. O Escairón, que esta ano adestrará o ourensán Iván González, reforzouse maioritariamente no mercado da provincia veciña. O veterán defensor Josu, que militara no mítico CD Ourense […]

Trío de Ases O Cantón. Ribadeo e Lemos comezan gañando en Preferente

O Racing Vilalbés debutou na Madalena en Segunda RFEF e fíxoo cun empate diante dun Avilés chamado a pelexar polo ascenso. Na Terceira non houbo triunfos lucenses. Polvorín e Sarriana sumaron un punto fronte a Estradense e Gran Peña respectivamente, mentres que o Viveiro caeu en Cantarrana diante do Bergantiños. Na Preferente, o derbi provincial […]

Jorge Cuesta: «Temos equipo para algo máis que o aprobado raspado»

A SD Sarriana comeza a temporada do seu debut na Terceira RFEF, un fito histórico para o cadro da Ribela. Como máximo responsable técnico estará Jorge Cuesta Bello (Vigo, 07-12-1984), un adestrador con amplia experiencia no fútbol base, polo que pasou en tódalas categorías no Real Club Celta de Vigo ata chegar ao Xuvenil División […]

Triunfo histórico do Racing Vilalbés no seu debut en Segunda RFEF

‘Ninguén dubida da competitividade do Racing‘. Foi un dos titulares que nos deixaba Simón Lamas a comezos de semana. Un mensaxe para descoñecedores do conxunto chairego, xa que, na nosa provincia ninguén o dubidaba. O Racing Vilalbés é líder logo da primeira xornada. Oviedo Vetusta – Racing Vilalbés (1-3). O debut soñado. O Racing saiu […]

Diario dun mercado. Episodio 394

Comezamos este novo Diario falando dun lucense que xoga fóra das nosas fronteiras. Trátase do lateral esquerdo burelao Pol Bassa, que este verán asinou pola Ponferradina despois dunha gran campaña no Burgos Promesas. Finalmente xogará cedido na Ximnástica de Torrelavega de Segunda RFEF e será rival do Racing Vilalbés. Baixamos a unha Primeira Galicia que […]

O Ribadeo avanza a semifinais da Supercopa

O encontro de cuartos de final da Supercopa Galicia resultou do máis apaixoante, sobre todo tendo en conta a altura de pretemporada na que se atopan ámbolos dous equipos. Ribadeo e Atlético Arnoia ofreceron no Municipal de Outeiro de Rei un encontro igualado que puido caer para calquer lado, pero que se decidiu na tanda […]

Dani Moirón (Ribadeo FC): «O equipo está moi ilusionado coa Supercopa»

A I Edición da Supercopa Galicia xa está en marcha e o Ribadeo, como gañador da Copa Deputación será o representante da nosa provincia nesta competición creada pola Federación Galega. Nela participan os gañadores das diferentes Copas disputadas ao longo e ancho da xeografía galega e consta de dúas eliminatorias antes da gran final que […]

Diario dun mercado. Episodio 392

Comezamos con novidades no Monterroso, que acadou a renovación de Marcos Burgo. No Pol xogará Juan Rivero, antigo gardameta de fútbol sala, que cambia a pista polo céspede, onde actuará como xogador de campo. Iñaki Vilariño troca de ubicación futbolística na comarca da Ulloa. O xogador deixa o filial da SD Monterroso e xogará no […]

Diario dun mercado. Episodio 389

Comezamos este novo episodio falando de fútbol feminino. O Peluquería Mixta Friol acadou a renovación da xogadora venezolana Yoleidis Lizcano. A Comercial incorpora a María, Marga e Cris, mentres que no San Lázaro renovan as defensas Lourdes e Lucía Devesa. O Monteforte renova a Carla Vázquez. O Monterroso anunciou a continuidade de Omar Gómez como […]

A última Primeira Galicia no actual formato xa ten folla de ruta

O grupo lucense de Primeira Galicia xa coñece o calendario para a temporada 2023-2024, a última co actual formato de competición. Tal e como anunciou a Federación Galega, o vindeiro ano crearase un sexto grupo a nivel galego (existirán seis grupos de dezaoito equipos cada un), co cal se eliminarán os famosos e temidos arrastres. […]

Diario dun mercado. Episodio 381

O Episodio 381 comeza con novas nos equipos de Chantada. O gardameta Anxo Sampayo, así como Miguel Pérez continúan un ano máis no Chantada Atlético. A SD Chantada asinou ao dianteiro Gabri, procedente do Antas. Anteriormente militou no Taboada e nas categorías inferiores de CD Lugo e Racing Vilalbés. No conxunto feminino da SD en […]

Diario dun mercado. Episodio 379

Comezamos este novo Diario cun bombazo na Mariña. Se nada se torce, o Viveiro vai incorporar a Sergio Cora. O atacante vén de militar a última metade da temporada no Celeiro de Terceira Rexional e anteriormente xogou ao fútbol sala no Xove. Cora ía continuar no Celeiro, pero a chamada do conxunto de Terceira RFEF […]

Diario dun mercado. Episodio 375

Comezamos cunha baixa significativa no CD Lugo. O gardameta Julen causa baixa na entidade lucense logo de toda unha vida defendendo as cores albivermellas, sendo peza clave nos últimos anos do seu filial. Seguimos falando de porteiros. O ‘gato do Vicedo‘ Javi Pita asinou como novo xogador do As Pontes da Preferente, logo de acadar […]

Diario dun mercado. Episodio 374

Comezamos este novo Diario coas baixas do Viveiro. O club mariñán despediu cun vídeo nas redes sociais aos xogadores que vestiron de celeste o pasado curso e non van seguir este ano no equipo en Terceira RFEF. Son Yepes, Lucas Fanego, Sergio Otero, Schuster, Mayordomo, Sané, Junior, Josemi, Joel, Edgar, Iker Hurtado, Casillas, Barroso, Gorka […]

Diario dun mercado. Episodio 369

Abrimos este novo episodio coa fichaxe do Boedo pola Sarriana. O xogador, que se desenvolve en calquer posición da banda esquerda procede do Bergantiños e ante militou no Fabril. O Monterroso renovou a unha das súas pezas clave, o centrocampista Iago Sobrado. No Santaballés, o novo técnico Freire, estará acompañado por David Fernández como segundo […]

O Racing Vilalbés xa coñece a súa folla de ruta na Segunda RFEF

A temporada máis ilusionante do Racing Vilalbés nas últimas décadas xa ten calendario. A Federación Española de Fútbol realizou o sorteo dos cinco grupos de Segunda RFEF na súa sede de Las Rozas. A competición comeza no fin de semana do 2 e 3 de setembro. O Racing Vilalbés fará o seu histórico debut na […]

Diario dun mercado. Episodio 366

O mercado non da tregua. Comezamos este novo episodio con novidades na Sarriana. Os da Ribela seguen incorporando xogadores lucenses ao seu cadro. O viveirense Aldán Naval súmase o proxecto de Jorge Cuesta que xa conta con quince futbolistas. Será a cuarta temporada de Aldán en Terceira RFEF, categoría na que vén medrando en minutos […]

Diario dun mercado. Episodio 364

Comezamos este novo episodio do noso Diario con Nerea Lombardero como protagonista. A xogadora da Pontenova, que participou nos dous últimos All Star Futbolinlugo, non continuará no PM Friol poñendo así fin a cinco anos de carreira no equipo da Reigosa ao que chegou con tan só trece anos. A vindeira campaña xogará no Viajes […]

Diario dun mercado. Episodio 360

Comezamos este Diario con novidades no Racing Vilalbés. O cadro chairego poderá contar con Pablo Rey tamén para o proxecto de Segunda Federación. O xogador de Ferrolterra renova e vivirá a segunda tempada no equipo. O corpo técnico encabezado por Simón Lamas ten a 18 xogadores do primeiro equipo ao seu dispor. O mércores da […]