Os primeiros clasificados abren oco

Celta Barreiros e Casás distáncianse nos dous primeiros postos no grupo norte. Os mariñáns venceron pola mínima no campo do Catro Roldas e os lucenses gañáronlle ao Castroverde, terceiro. O Celeiro consolídase na zona de play off logo de rematar coa imbatibilidade do Cazás no Catro Ventos. No grupo sur, o Rubián venceu con solvencia […]

Trío de Ases O Cantón. O Viveiro vence ao Polvorín no derbi provincial

Derrota pola mínima do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Langreo en Segunda RFEF. En Terceira, o Viveiro venceu ao Polvorín no derbi provincial de Cantarrana, mentres que a Sarriana caeu pola mínima na súa visita á UD Ourense. Na Preferente xornada sen vitorias lucenses. A estrea de Juanlu Bernal no banquiño do Lemos saldouse […]

O Rubián, único equipo invicto de Terceira Galicia

Na novena xornada chegou a derrota do Celta Barreiros. Logo de oito vitorias consecutivas, os mariñáns caeron no Cascabeiro fronte ao Casás. Malia todo, seguen comandando o grupo norte con catro puntos de vantaxe sobre o seu verdugo nesta xornada. Terceiro é o Castroverde e cuarto un Rioaveso que sumou dez dos últimos doce puntos. […]

Martín Piñeiro, máximo goleador da Terceira Futgal

A adversidade climatolóxica marca a xornada de Terceira Galicia

O Celta Barreiros abre oco no liderado do grupo norte tras vencer con dificultade ao Matela. Segundo é o Castroverde que lle arrebata a praza ao Casás que non pasou do empate co Cazás nun encontro non apto pra seseantes. O Friol B xa sabe o que é puntuar logo de empatar fronte ao Celeiro. […]

Fito Periale, novo fichaxe neste mercado do Lemos

Trío de Ases O Cantón. O Castro vence no campo dun galo da Preferente

Un só triunfo dos conxuntos lucenses de Segunda RFEF, Terceira RFEF e Preferente. O Racing Vilalbés empatou sen goles na Madalena diante do Zamora, líder da categoría. Un chanzo máis abaixo, o Polvorín caeu na Cheda diante do Alondras e a Sarriana fixo o propia na Ribela fronte ao Arousa. O Viveiro caeu por primeira […]

O Celta Barreiros abre oco no grupo norte

A sexta xornada de Terceira Galicia déixanos a sexta vitoria do Celta Barreiros, desta volta fronte a Comercial B. Os do Cascabeiro camiñan con paso firme no liderado do grupo norte e xa contan con cinco puntos de vantaxe sobre un Casás que foi quen de gañar no Ventiño ao Goiriz. O Castroverde curtou a […]

Trío de Ases O Cantón. O Lemos convírtese no rei do empate

A xornada intersemanal de Preferente, a novena do campionato ligueiro, deixounos un só triunfo lucense. Foi o do Ribadeo no Pepe Barrera diante do Cidade de Ribeira nun encontro interrompido uns intres por mor dun apagón no tendido eléctrico. O Lemos sumou o seu sexto empate da temporada diante do Dubra e o Castro tamén […]

Trio de Ases O Canton. O Ribadeo golea cun Asier estelar

Chegou a primeira derrota a domicilio do Racing Vilalbés en Segunda RFEF. Foi no tempo de desconto diante do Fabril. En Terceira RFEF, o Polvorín sumou un valioso punto no campo do líder, a UD Ourense. A Sarriana e o Viveiro caeron como locales diante de Paiosaco e Rápido de Bouzas, respectivamente. Na Preferente, o […]

O Rubián colle o liderado do grupo sur

Logo de cinco xornadas disputadas, o Celta Barreiros é o único conxunto lucense que conta os seus partidos por vitorias na Terceira Galicia, e lidera en solitario o grupo norte. A tres puntos está o Castroverde, que logo da derrota no Cascabeiro na primeira xornada sumou os doce puntos seguintes. O debutante Casás asoma na […]

Trio de Ases O Cantón. O Polvorín gaña e achégase a postos de play off

Xornada de derbi en Segunda RFEF. Na Madalena o Racing Vilalbés igualou co Ourense CF nun encontro con polémica arbitral. En Terceira RFEF, o Polvorín venceu ao Pontevedra B e sitúase a un punto dos postos de play off. Sarriana e Viveiro sumaron un punto a domicilio na súas visitas ao campo do Betanzos e […]

Martín Piñeiro, máximo goleador da Terceira Futgal

Matela e Bóveda estrean o casilleiro de puntos

No grupo norte ningún conxunto foi quen de gañar na casa. O Celta Barreiros continúa no máis alto logo de derrotar ao Rioaveso e seguen contando os seus encontros por vitorias. Cazás e Castroverde ocupan o segundo e terceiro posto, respectivamente. O Matela sumou o seu primeiro punto fronte ao Goiriz. No grupo sur, o […]

Trío de Ases O Cantón. O Racing Vilalbés vence no Verónica Boquete

Foi unha semana triste para os nosos patrocinadores da Panadería O Cantón de Outeiro de Rei polo falecemento de Ana Vilariño, propietaria do negocio e nai de Tichu, fútbolista do Outeiro, e Xaime, actualmente no Ribadeo. Desde aquí todo o noso ánimos para eles!!. A xornada déixanos o espectacular triunfo do Racing Vilalbés no campo […]

Só Celta Barreiros e Páramo suman pleno

Con tres xornadas gastadas na Terceira Galicia, o Celta Barreiros lidera en solitario o grupo norte. Conta os encontros por vitorias, o último deles con certa dificultade fronte á Piringalla. Cazás, Castroverde e Rioaveso encabezan, con seis puntos, o pelotón perseguidor dos barreirenses. No grupo sur, o Páramo tamén conta cun pleno de puntos logo […]

A Sarriana gaña con contundencia a domicilio

Non foi unha boa xornada para os conxunto lucenses. Na Segunda RFEF chegou a primeira derrota para o Racing Vilalbés. Foi na Madalena ante o Covadonga no día que se lle rendiu homenaxe a Manolo Lamas delegado do club durante moitos anos e pai do actual adestrador Simón Lamas, falecido a comezos de semana. Na […]

O Relámpago Taboada sorprende no comezo ligueiro

A segunda xornada de Terceira Galicia deixa ao Celta Barreiros como líder en solitario no grupo norte. Os mariñáns golearon ao Friol B e son os únicos que contan por vitorias os seus encontros. Goiriz e Celeiro, que igualaron no choque directo, son segundo e terceiro. No grupo sur o Páramo e un sorprendente Relámpago […]

O Racing Vilalbés vence á Arandina e segue invicto

Inmellorable comezo do Racing Vilalbés na Segunda RFEF. Os chairegos mantéñense invictos logo de sacar os tres puntos na visita ao campo da Arandina. En Terceira RFEF, o derbi da Ribela entre a Sarriana e o Polvorín rematou con triunfo visitante. O Viveiro sacou un valioso punto do campo do Alondras. Na Preferente, a Residencia […]

Goiriz e Corgo comezan liderando a Terceira Galicia

Botou a andar a Terceira Galicia. No grupo norte, o Goiriz é o primeiro líder logo de golear no Ventiño ao Rioaveso. Cazás e Celta Barreiros foron quen de gañar con comodidade nos seus campos, mentres que o Celeiro foi o único conxunto que logrou vencer a domicilio. No grupo sur, o Corgo ocupa o […]

Trío de Ases O Cantón. O Polvorín logra a primeira vitoria da temporada

O Racing Vilalbés segue sen coñecer a derrota en Segunda RFEF logo de igualar na Madalena diante do Marino. Un chanzo máis abaixo, o Polvorín logrou o seu primeiro triunfo. Foi na Cheda diante do Betanzos. A Sarriana sumou un punto na súa visita a Barbadás, mentres que o Viveiro caeu en Cantarrana fronte á […]

A Terceira Galicia bota a andar con catro novos equipos en liza

Co comezo da Terceira Galicia a totalidade do fútbol afeccionado sénior lucense está en competición. Un total de 24 conxuntos, divididos en grupo norte e sur botan a andar con diferentes obxectivos. Catro deles, Casás e Piringalla no norte, e os filiais de Sarriana e Chantada Atlético no sur, fan o seu debut en competición […]