Diario dun mercado. Episodio 51

Os partidos amigables xa lle van restando algo máis de importancia aos movementos do mercado. Non obstante, moitos equipos pola provincia aínda están en construcción con moito camiño por diante antes de comezala tempada. Na Primeira Galicia, unha vez coñecido o calendario,  o Valadouro segue apuntalando o seu cadro de futbolistas. Iñaki Burundarena é novo […]

Os duelos preferentes da Primeira Galicia

A temporada 2017/2018 na Primeira Galicia xa está en fase de engrase, sobre todo despois de coñecer o calendario da categoría. Trinta e catro xornadas de emoción e ilusión por competir no apaixoante grupo lucense que quedou confeccionado para esta campaña. A competición arrincará a primeira fin de semana de setembro para rematar o vinte […]

Diarion dun mercado. Episodio 50

O mes de agosto mantén o nivel de movementos no mercado lucense, a pesar de que Futbolinlugo xa chegou ao medio cento de episodios cheos de novas por toda a xeografía da provincia, incluso máis aló das nosas fronteiras no caso de que sexan os lucenses os que teñan que marchar. Precisamente é o que aconteceu esta […]

O Garabolos non sairá a competir na Terceira

Un novo equipo lucense pecha a porta por non ser sostible no fútbol afeccionado. O Garabolos non participará na Terceira Galicia por mor de non ter recursos económicos. Tan só seguirá o equipo na liga de veteráns. O presidente do club, José Manuel Ramil, afirmou que aínda non cobraron as subvencións correspondentes ao ano pasado que […]

«Nalgún momento o ideal sería volver», Martín López Ross

Iso de que a xente nova non fai camiño comeza a ser un tópico pouco real. Exemplos témolos no fútbol, como no caso de Martín López Ross «Ross» (Lugo, 1995). A pesar da súa xuventude, o futbolista criado nas categorías inferiores da Residencia e tras pasar tamén polos xuvenís do CD Lugo, iniciou unha aventura […]

Diario dun mercado. Episodio 48

Seguen chegando máis novidades en canto aos movementos de mercado. E dende Futbolinlugo tratamos de chegar cada vez máis ao resto de equipos que aínda non tiveron a súa presenza no noso diario. Hoxe descubrimos algúns deles, xunto con outros máis habituais. Joaquín Blanco pasa a ser o novo adestrador da Milagrosa feminino, así como […]

Catro equipos lucenses reciben cartos polos dereitos televisivos

A catro conxuntos do fútbol modesto e da base lucense caeulles a «pedrea» no reparto dos ingresos televisivos e veranse beneficiados cunha determinada cantidade de cartos. Do total dos dereitos televisivos que aprobou a Asemblea da Real Federación Española de Fútbol, un 1% do total van parar cara o fútbol modesto. É aí onde os clubs […]

Diario dun mercado. Episodio 44

Nesta semana son moitos os equipos que están volvendo a vestirse coa roupa dos adestramentos xa que comezan a preparar a nova temporada. Non obstante, o cadro de futbolistas aínda non está pechado en moitos deles e os clubs seguen acudindo ao mercado. Na Preferente Norte, o Escairón fichou ao dianteiro Ibrahima Ndiaye «Ibou» que xa […]

Tres grupos na Terceira rexional por maioría democrática

A democracia dictou sentencia e será a proposta inicial da delegación da Federación en Lugo (con algún matiz) a que está previsto que guíe a competición na Terceira Galicia de cara a vindeira temporada. A falta de que o novo sistema sexa aprobado na Asemblea da Federación Galega de Fútbol o vindeiro luns en Santiago, a […]

A Terceira rexional a debate

Hai algo máis dunha semana coñeciamos a proposta da delegación da Federación en Lugo sobre a nova estruturación da Terceira Galicia. Non obstante, eses cambios non acabaron por convencer a moitos dos equipos que teñen a intención de participar o vindeiro ano na competición. Non convencen nin os desprazamentos, nin que a primeira competición teña só […]

Diario dun mercado. Episodio 40

Continúa o período intensivo de mercado como certifican os nosos 40 episodios. E que os movementos non paran. Na Terceira División, o guntino Marcos Valín ficha polo Somozas. O gardamallas, procedente do Cerceda e con pasado en Racing de Ferrol, Depor B e CD Lugo, coincidirá no conxunto verdiblanco co tamén lucense Álex. Na Preferente Norte, […]

Diario dun mercado. Episodio 37

Os equipos da Preferente que máis tardaron en decidir finalmente o seu futuro seguen tentando construír o seu cadro de xogadores neste mercado. No novo Escairón de Anxo Valcárcel chega o mediocentro Daniel Dafonte. O mediocentro monfortino procede do Arenteiro co que conseguiu o ascenso esta temporada á Terceira División. No último curso no conxunto […]

Unha Segunda máis renovada no grupo sur

A Segunda Galicia mantén o sistema de competición destas últimas temporadas e volverá ter dous grupos con cadanseus dezaseis equipos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo ascenderán á Primeira, mentras que, como mínimo, os dous últimos decenderán á Terceira. O número pode verse aumentado no caso de posibles arrastres doutras categorías. No grupo norte, […]

A Terceira lucense terá tres grupos con oito equipos

A falta de que a nova proposta vaia a Asamblea xeral a Santiago e, único que algún club dos xa inscritos non decida participar, a estrutura do fútbol da provincia de Lugo cambia despois dos últimos conxuntos creados e ten efecto inmediato na constitución das divisións para a temporada 2017/2018. A Terceira Galicia terá, en principio, tres […]

Diario dun mercado. Episodio 31

O mercado está activo en todas as categorías. Os equipos séguense reforzando coa mirada posta no regreso aos adestramentos coa idea de ter o cadro de xogadores ao completo cando isto suceda. Unhas das novidades máis interesantes chega dende a Primeira Galicia, no Páramo que fichou ao máximo goleador da Terceira Galicia lucense. Óscar López chega […]

«O Taboada cambioume a vida» Emilio Besteiro, ex-xogador do Taboada CF

A Medela resístese a perder aos dous «Emilios» no mesmo ano. Primeiro foi o míster e agora, un símbolo do fútbol provincial colga as botas ou, polo menos, no que se refire á categoría sénior. Realmente, para alguén que leva toda a vida xogando o fútbol faise difícil non volver sentir os tacos na planta dos pés. Aínda por riba cando […]

Diario dun mercado. Episodio 29

O mercado continúa sen baixar o seu nivel de movementos. Na Terceira División, Adrián Gómez deixa de ser o adestrador de porteiros do Racing Vilalbés por motivos persoais. Ademais o mediocentro David García que formou parte do conxunto de Óscar Gilsanz na última temporada xogará o vindeiro curso no Laracha, un dos equipos recén ascendidos á cuarta […]

Diario dun mercado. Episodio 27

O mercado provincial non baixa en intensidade. Na Terceira División o Racing Vilalbés anunciou a súa primeira fichaxe. Alberto Lamas «Make» regresa ao conxunto chairego despois de xogar a última temporada na SD Compostela. O mediocentro de Árbol participou en 33 partidos co conxunto santiagués, dos cales foi titular en 22. Agora, reforza ao equipo […]

«Non me sinto identificado coa nova idea», Alberto López, ex-adestrador do Escairón

Hai arredor dun mes confirmábase no Saviñao a renovación de Alberto López como preparador do Atlético Escairón. Despois de ser un recén ascendido este pasado ano na Preferente Norte, o equipo foi un dos clubs revelación da categoría. Finalizaron sextos clasificados con 61 puntos por riba de equipos como o Viveiro ou o Ribadeo. A […]

Diario dun mercado. Episodio 25

Arranca a primeira semana de xullo con máis novidades no noso mercado. Fichaxes e renovacións no centro da provincia, xunto con novos inicios de pretemporadas que xa se confirman. Ademais, un cambio de presidente nun dos equipos revelacións desta temporada. Na Preferente Norte continúan as novidades no Castro. Un dos seus xogadores máis destacados, Omar, renovou […]