O fútbol provincial en negro acompañado dun dato histórico

Na pasada fin de semana os comezos dos partidos tiveron na súa maioría un nexo común. Ademais o PM Friol conseguiu unha vitoria moi especial. O fútbol provincial en negro Moitos clubs da provincia saíron a pasada fin de semana con mensaxes de repulsa á violencia machista. Varias das iniciativas son impulsadas polos distintos concellos […]

O partido en imaxes: Catro Roldas 4-3 Comercial

O Catro Roldas conseguiu a vitoria na 8ª xornada da Terceira Rexional ante a Comercial. Encontro xogado no campo da Canteira de Román (Vilalba).

Tres duelos directos no sur acaban con cambios de posicións na clasificación

O Tres en Raia da 8ª xornada da Terceira Rexional. O duelo directo no grupo sur trouxo un troco de líder. O Sporting Lucense encabeza agora a clasificación. No norte, o Catro Roldas está no mellor momento da tempada. O Fonsagrada continúa imparable en canto a resultados. Mantense líder e invicto unha xornada máis no […]

O Mondoñedo logra a 1ª vitoria e o Corgo vence con novo míster

Os onces da 10ª xornada na Segunda Rexional veñen protagonizados pola entrada do Xermade en zona de ascenso no norte. O Mondoñedo sae do descenso ao conseguir o primeiro triunfo do curso. No sur, o Corgo logrou o segundo triunfo da campaña. Levaba sete derrotas seguidas. Os tres puntos chegaron na xornada na que o […]

O PM Friol solidarízase coas súas compañeiras e o Muimenta vístese de negro

Unha nova entrega de As Nosas Redes Falan. O PM Friol e o Athletic Club B estiveron un minuto sen xogar ao inicio do partido. O Muimenta deulle visibilidade á campaña En Negro Contra As Violencias. O Celta Barreiros comezou a preparar o derbi co Alfoz nas redes sociais. Solidariedade coa folga das compañeiras Foi […]

Iñaki Fernández (CD Barquereño): «Quedou a pena de non xogar cun Primeira»

Unha saída inesperada. Unha aposta por xogar ao fútbol e estudar o que a el lle gustaba. O fútbol lucense tamén exporta talento. E esta semana foi protagonista na rolda previa da Copa do Rei. O novo formato coloca no mapa ao fútbol modesto. E o novo formato colocou no mapa ao CD Barquereño e […]

Unha defensa infranqueable na Fonsagrada e unha verbena de fútbol no Castro Seoane

Foto de portada: Mariluz Fagín O Tres en Raia da 7ª xornada da Terceira Rexional. O regreso á competición mantén ao Fonsagrada na cabeza do grupo norte e á Milagrosa na do sur. O Cazás e o Sober descansaron esta xornada. O Fonsagrada continúa mandando no grupo norte aínda que non foi quen de gañar […]

O Cabreiros saca proveito do derbi nunha xornada de hat-tricks

Os onces da 9ª xornada da Segunda Rexional veñen protagonizados polos tres puntos que o Cabreiros conseguiu no derbi xermadino ante o Roupar. Foi o único dos primeiros catro clasificados que gañou. Ademais os autores de tres goles desatáronse na pasada fin de semana: Matelo, Paulo, Rafa ou Debasa viron porta en tres ocasións. O […]

LP destaca en Las Rozas e o Marca faille unha chiscadela ao Xermade

Esta semana ‘As nosas redes falan’ dan un salto estatal. Primeiro guiados polo golazo de Lucía Pardo na concentración coa selección española promesas. Despois, coa inesperada entrada no xogo de twitter do Marca. O diario deportivo contestou con humor a unha broma do CD Xermade. LP deixase ver en Las Rozas Lucía Pardo viviu unha […]

A Axenda: O partidazo da Madalena abre unha nova xornada ligueira

Ademais do derbi mariñán de Preferente, esta xornada tráenos encontros máis que interesantes, de novo con tódalas categorías en liza despois do parón polo festivo do primeiro de novembro. Terceira División – Racing Vilalbés – S.D. Compostela (Sábado ás 16:15 horas na Madalena): o cadro chairego logo de catro xornadas sen coñecela derrota, recibe a […]

Pablo Antas (SD Compostela): «É un ano de moita aprendizaxe para min»

Fotos: Amadeo Rey (vía SD Compostela) Talento puro. Traballado a base de constancia e paixón. Quique Setién foi un dos que puliu os soños dun neno que xogaba ao fútbol cos seus por pracer. Dende aquela un percorrido intenso entre a Terceira Galega e a Segunda B, pero cun denominador común: sempre en Galicia. Se […]

O Ferreira líder do sur, o Alfoz á alza e Pedro estréase con gol no Chantada B

Os onces da 8ª xornada na Segunda O líder do norte sufriu para sumar outros tres puntos e manterse invicto. O Sanci venceu pola mínima no campo do Abadín. Partido igualado con dominio alterno. No segundo tempo os locais tiveron as súas. Incluso nos intres finais o pau evitou que entrase un remate de Regueira. […]

O fútbol lucense tamén se uniu ao ‘Reto José María García’

A última semana houbo que escoitar cousas desagradables. Por sorte, aínda queda quen saca partido ata dos aspectos máis negativos. E tamén contamos nesta sección como reina a deportividade e o bo exemplo no fútbol de sempre. Ademais o balompé nunca perde a súa cara solidaria. Boa noite e saúdos cordiais! “Si es que el […]

Tres en Raia. Terceira Rexional. Xornada 6

Foto de portada: Mariluz Fagín O Fonsagrada e a Milagrosa lideran en solitario cadanseu grupo da Terceira Rexional. Marcharon de ponte gañando os seus respectivos encontros. A competición volverá a vindeira fin de semana. Na pasada a SD Viveiro e o Rubián descansaron. Pola súa parte o Carballedo fixo historia. Primeira vitoria en partido oficial. […]

Os onces da 7ª xornada na Segunda

O San Ciprián mantense no máis alto da zona norte da Segunda Rexional. Ademais queda como único equipo invicto do grupo. O Cabreiros entra por primeira vez na tempada en postos de ascenso directo. No grupo sur, mantense a igualdade na cabeza entre o Páramo, o Ferreira e o San Lázaro. Os cinco primeiros clasificados […]

Lucía Pardo ‘LP’, a primeira muller lucense nunha selección española

Tarde ou cedo tiña que chegar. Fose nunha categoría existente ou nalgunha inventada que polo momento non se sabe exactamente cal será a súa utilidade. Pero o certo é que estará aí. Lucía Pardo Méndez “LP” vai portar a camisola da selección española. “Viña de clase este mércores no coche con meus pais e vin […]

As nosas redes falan

O noso fútbol tamén é internacional O Incio CF iniciou a tempada nos postos altos do grupo sur da Segunda Rexional. Esta finde empatou no Carboeiro ante outro equipo da zona alta da clasificación, o San Lázaro. Entre os asistentes non estaba o seu socio máis internacional. O conxunto amarelo tivo que enviar un carné […]

Os onces da 6ª xornada na Segunda

Ningún dos primeiros clasificados na Segunda Rexional gañou, pero o San Ciprián e o Páramo mantéñense na cabeza. No sur, os dous primeiros clasificados empataron entre si. A vitoria do San Lázaro deixa a tres equipos igualados no máis alto da táboa clasificatoria. No grupo norte, o Sanci mantense na cabeza. Non obstante non pasou […]

As Nosas Redes Falan

Un mundialista en Cantarrana O atleta Adrián Ben foi un dos protagonistas esta fin de semana no noso fútbol. O viveirense vén de triunfar recentemente nos mundiais de atletismo. Colleitou unha meritoria sexta praza na proba dos 800 m. Dende Doha Ben presumiu de pobo e estes días os seus veciños tentaron recompensarllo con distintas […]

Os onces da 5ª xornada na Segunda

Primeiras cinco xornadas na Segunda Rexional. O San Ciprián non solta o liderado no norte. Alí o Celta Barreiros continúa sen perder. Mentres o Mondoñedo, o Iberia e o Abadín aínda non puideron festexar unha vitoria. No sur, dos tres líderes da semana pasada pasamos a dous. O Páramo e o Ferreira marcan o ritmo. […]