Destacados Primeira. Xornada 17

Xornada frenética para comezar o 2018 e pechar a primeira volta. Estes foron os destacados e o máis salientable de cada un dos encontros da xornada. *Riotorto-Xove Lago: Primeira metade para enmarcar dos de Ramón Labrada. Nela marcaron os dous goles. Pedro Díaz, ex do Castro, debutou no Riotorto na segunda metade. *Sarriana-Santaballés: Cómodo triunfo […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 20) e Preferente (Xornada 19)

Os derbis desta xornada fixeron cambiar os postos de descenso. A Residencia sae da queima logo de superar ao Outeiro de Rei nun derbi moi parello e disputado en Friol. O cadro de Juan Peón tivo oportunidades para conseguir o empate, pero o meta capitalino Diego Bravos foi decisivo nos momentos clave. Ese posto de […]

Trío de Ases e Destacados da Preferente e Primeira nos adiados de fin de ano

Nesta última fin de semana do ano, en medio do Nadal, tivemos ata cinco encontros dentro dos aprazados pola cicloxénese Ana. Dous de Preferente e tres de Primeira Galicia. Contámosvos xa os detalles e os destacados de todos estes partidos. *Castro-Betanzos: O xogo reanudouse no mesmo punto onde concluiran os vinte minutos disputados: nun saque […]

Galería de fotos do I Campus de inverno da Pontenova

Galería de imaxes que resume o I Campus de Inverno da Pontenova, apadriñado polo xogador do Celta Jonny Otto. Contou coa visita de recoñecidos técnicos da provincia e representantes de diversas institucións. E sobre todo cun gran número de rapaces nesta primeira edición. Un auténtico éxito.

As pedras negras de Uxío

Todas as historias de fútbol comezan cun pequeno e un balón. Esta non ía ser menos. Uxío da Pena Gutiérrez (Lugo, 3-8-1990), fillo menor dunha familia lucense, comezou a dar os seus primeiros pasos pegados a un balón, xogando partidos coa súa familia na casa. Sendo xa o rei do ‘pasillo’ e imbatido durante meses, […]

A Federación inclúe o ‘VAR’ nas súas competicións

A tecnoloxía punta chega aos nosos campos. E faino dun xeito totalmente sorprendente. A Federación vén de publicar unha circular na que ordea a tódolos clubes membros a implatación do ‘VAR’ (videoarbitraxe). Será a partires do próximo 1 de febreiro. E como indica o propio organismo realizarase dun xeito «progresivo e adaptado á nosa realidade social […]

Xabi Rodríguez: «O problema do fútbol é que todo o mundo pensa que sabe as regras»

Cada semana vivimos nos nosos campos situacións difíciles de explicar. Inverosímiles e que desencadean auténticas discusións na cantina. Cantas veces non desexamos ter un regulamento a man para poñer fin á batalla dialéctica? Ou para ‘meterllo nos dentes’ a ese home que berra sen sentido de pé na súa butaca… Agora, témolo moito máis doado. […]

Destacados Primeira. Xornada 16

A última xornada de 2017 deixounos os seguintes detalles en cada un dos encontros disputados. E por suposto, os nosos destacados! *Santaballés-Xermade: O Santaballés gañou o derbi chairego con claridade. Martín deixou o gol da fin de semana cun espectacular lanzamento de primeiras dende a frontal. *San Roque-Taboada: A néboa foi a gran protagonista do […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 19) e Preferente (Xornada 18)

Aquí en Lugo sómosvos de extremos. Nada de medias tintas. Por iso, os nosos equipos se atopan ou ben nos postos sobranceiros, ou sufrindo duramente para eludir o descenso. Comecemos polas boas noticias. O Racing Villalbés encarrilou a súa décima xornada sen perder despois de superar ao Laracha a domicilio. Fíxoo con dous goles antes […]

Qué ver esta fin de semana? (16-17 decembro)

A última xornada antes do Nadal déixanos grandes partidos tanto no sábado coma no domingo. Comezamos coa Primeira Galicia en Cerdeiriños. Partidazo entre Monterroso e Sarriana, dous aspirantes ao ascenso. Se non vos chista este plan, tedes un derbi capitalino na Ponte entre San Lázaro e Milagrosa. O domingo, novo derbi da Preferente: Polvorín-Outeiro. Ollo […]

O mellor plan para o Nadal: fútbol lucense

Lonxe quedan os tempos nos que o balón paraba no Nadal. Nos que nos conformabamos con ver a cativiños das mellores canteiras de España no vello Canal Plus. Agora, aínda que as competicións fagan un pequeno paréntese; o noso fútbol empéñase en seguir presente. Estas vacacións invernais, queirades ou non, teñen un epicentro esférico. En […]

Destacados Primeira. Xornada 15

A cicloxénese explosiva Ana deixounos unha versión reducida desta Xornada 15. Aquí chegan os destacados e os detalles dos dous encontros disputados a pasada Ponte da Constitución. *Riotorto-Foz: Tódolos goles chegaron dende o punto de penalti, agás o último de Ibán Gayol. Os tres puntos danlle ao Foz o liderado. Segunda derrota consecutiva para o […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 17)

Xornada moi reducida no noso fútbol. Á ausencia da Terceira División por mor da disputa da Copa das Rexións UEFA, houbo que añadirlle un elemento extra. Ese que chegou en forma de choiva e vento e se levou por diante a clásica tarde futboleira de domingo. Polvorín, Atlético Escairón e Ribadeo non puideron xogar os […]