O refrán di que «ata o corenta de maio, non quites o saio», pero a pesar de que está sendo un maio caluroso nós temos que adaptalo dito. «Ata o corenta de maio, non te des por salvado» é a nosa proposta para afrontar o desenlace das ligas do fútbol afeccionado.
Argumentamos unha expresión que case valería para calquera curso, pero que é especialmente acaída para este que estamos vivindo. Por unha banda, os posibles arrastres obrigan todas as temporadas a varios equipos a estar pendentes dos resultados doutros cando eles xa acabaron a súa competición. Isto vese acrecentado este ano porque a campaña remata máis tarde e porque o número de conxuntos implicados é maior (inflúe o maior número de clubs que xogaron na Preferente por mor de non haber descensos).
Ademais houbo algo de polémica coa aplicación dos criterios que deciden que equipo descende ou non. O formato de liga composto de dúas fases complicou a situación. A Federación mesmo aclarou este venres a súa normativa. Entendemos que agora a resolución está clara para todos, pero por se algún equipo non está conforme e opta por recurrir, nós botaremos man do noso refrán.
Como máximo baixarán dous lucenses dos tres que pelexan pola permanencia na Preferente Norte
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/07/RAFA-RIBADEO-1070x714-1.jpg)
Coa 2ª RFEF e a 3ª RFEF finalizadas, sabemos que o descenso do Arousa implica que baixe o Noia a Preferente Norte. O ascenso do Ourense CF permite que o Choco se salve, pero é algo que lle afecta á Preferente Sur. No caso do norte, os descensos confirmados de Noia e Sofán provocan dous arrastres. É dicir, a maiores dos seis descensos directos que hai nos tres grupos nos que está dividida a Preferente, haberá outros dous.
Os tres grupos da Preferente están compostos de cinco equipos cada un. Os dous últimos baixan directos e os dous peores terceiros tamén. Aí está o kid da cuestión na previa da última xornada de liga. Que criterio se segue para decidir quen é o mellor terceiro e sexa o equipo que se salve?
Para decidir o mellor dereito deportivo entre os terceiros clasificados dos tres grupos da Preferente Norte (indepentemente de se teñen ou non os mesmos puntos na 2ª fase) farase do seguinte xeito: mellor coeficiente de puntos entre os partidos xogados na 1ª e na 2ª fase, sen contar os puntos outorgados ao inicio da 2ª fase. É dicir, matemática pura: o número de puntos conseguidos hai que dividilo entre o número de partidos xogados. Esta mesma norma aplícase no resto de categorías.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Botamos as contas de cara a última xornada na que o fútbol lucense se xoga moito. O descenso dun equipo da provincia supón o arrastre dun equipo na Primeira Rexional e posteriormente na Segunda. Polo momento está confirmado que baixan o Escairón e o Santaballés. Foz, Ribadeo e Residencia poderían descender pero é imposible que o fagan os 3, como máximo serían dous.
Ou Resi ou Ribadeo, os dous xuntos non poden baixar pero pódense salvar
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/02/residencia3.jpg)
GRUPO PERMANENCIA D1 NORTE:
1º SD O Pino 23 pts
2º Residencia 17 pts (coeficiente se perde: 1,187 pts / se empata: 1,218 pts)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
3º Puebla 15 pts (descansa na últ. xor) (coeficiente: 1,2 pts.)
4º Ribadeo 15 pts (coeficiente se gaña: 1,531 pts / se empata: 1,468 pts)
5º Estudiantil -2 pts
A Residencia é o equipo lucense que mellor o podería ter para asegurar a permanencia. Conta con dous puntos de marxe sobre o 4º clasificado (Ribadeo) e o Puebla xa non vai sumar máis. Se gaña está salvado. Podería chegar incluso con empatar o domingo. Aínda que nese caso o Ribadeo podería superalo por diferenza de goles (gol average está empatado) e perder a categoría por coeficiente inferior co As Pontes (isto sería nun hipotético caso). O que pode dar máis confianza é que xoga na casa ante un Estudiantil descendido e escaso de efectivos.
O Ribadeo si que ten que botar man da calculadora para terciar o seu futuro. Sabe que se perde, descende. Mínimo ten que puntuar para ter opcións. Nestes momentos ten un coeficiente de 1,48 pts. Xoga na casa ante a SD O Pino. Se gaña está salvado xa que tería sempre mellor coeficiente que As Pontes e Xallas.
Sempre que empate, precisa que gañe tamén o As Pontes para que o cadro pontés non quede 3º do seu grupo. Se o As Pontes é 3º do seu grupo empatando tería mellor coeficiente ca o Ribadeo (se empata). Se o As Pontes é 3º do seu grupo perdendo, terían o coeficiente igualado. Segundo as normas federativas habería que empregar o criterio do xogo limpo.
𝐈 𝐍 𝐈 𝐂 𝐈 𝐀 𝐓 𝐈 𝐕 𝐀 𝐒:
🎟 Socio con 2 acompañantes de balde.
🍻 Entradas gratis nos negocios.
🎓 Ventaxas para colexios da vila.
🎭 Entrada Peñas carnavaleiras gratuita.
🚗 Macro-sorteo e premios sorpresa.ACUDE Ó MARTÍNEZ OTERO ‼️
M O I T A S G R A C I A S ‼️ pic.twitter.com/YmKIBbRlPh
— Club Deportivo Foz (@ClubFoz) May 24, 2022
GRUPO PERMANENCIA D2 NORTE:
1º San Tirso 17 pts
2º Victoria CF 14 pts (coeficiente se empata: 1,156 pts)
3º Laracha 13 pts (coeficiente se empata: 0,93 pts / se gaña: 1 pts)
4º Foz 12 pts (gañando tería un coeficiente de 0,78 pts.)
5º Boimorto 10 pts (coeficiente se gaña 1,3 pts)
O Foz sabe que non depende de si mesmo. Pero que non dependen de si tamén o saben os participantes no sorteo dun coche este domingo no Martínez Otero e a algún vaille tocar; así que todo pode pasar. Ao cadro focense non lle queda outra ca gañar ao Victoria CF. Así metería o equipo coruñés en descenso directo.
Logo o ideal sería que o Laracha non gañase no seu duelo ante o Boimorto. Deste xeito o Foz sería 2º e permanecería. No caso de non ser así, o Foz quedaría de 3º cun coeficiente de 0,78 que non lle alcanzaría para salvarse.
GRUPO PERMANENCIA D3 NORTE
1º Boiro 22 pts
2º As Pontes 18 pts (coeficientes: se perde: 1,468 pts. / se empata: 1,5 pts.)
3º Xallas 17 pts (coeficientes: se perde: 1,1 pts. / se empata: 1,13 pts. / se gaña 1,2 pts)
4º Santaballés 7 pts
5º Escairón 1 pts
O Santaballés e o Escairón xa descenderon, pero o cadro de Santaballa será xuíz do descenso ao viaxar nesta última xornada a Santa Comba para xogar co Xallas. Dese resultado pode depender moito o balompé provincial.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/10/pereira-outeiro.jpg)
Dos equipos lucenses que descendan dende Preferente Norte, dependerá agora a cantidade de arrastres na Primeira Rexional. Nesta categoría tamén queda unha xornada. Hai dous grupos de descenso con tres descensos directos para Alfoz, Friol e San Lázaro. Ademais agora habería confirmados dous arrastres. Segundo está a clasificación a día de hoxe San Roque (por posición) e Pastoricense (por coeficiente) baixarían.
Pero todo podo pasar. Sempre tendo en conta que os arrastres dende a Preferente poden ser ata 2 máis. Os equipos deberán xogar as súas bazas e logo estar pendentes dos resultados da categoría superior.
GRUPO PERMANENCIA D1:
1º Monterroso 19 pts
2º Folgueiro 15 pts (coeficiente actual: 0,77 pts)
3º Pontenova 15 pts (coeficiente actual: 1,148 pts)
4º Pastoricense 14 pts (coeficiente actual: 1,11 pts)
5º San Roque 12 pts (coeficiente actual: 0,88 pts)
6º San Lázaro 10 pts
O único seguro é que Monterroso mantense e o San Lázaro baixa. Logo catro equipos pelexarán por manter a categoría. O duelo máis directo é o do San Roque (o que menos opcións de salvación ten) fronte o Pontenova.
GRUPO PERMANENCIA D2:
1º Outeiro de Rei 24 pts
2º Lourenzá 23 pts
3º Guntín 14 pts (coeficiente actual: 1 pts)
4º Xove Lago 14 pts (coeficiente actual: 1,33 pts)
5º Friol 6 pts
6º Alfoz 6 pts
Neste grupo a cuestión está un pouco máis clara. O Outeiro de Rei e o Lourenzá están salvados e o Friol e o Alfoz descendidos. O Guntín e o Xove Lago xóganse a permanencia aínda que non será cun duelo directo. De entrada, o que quede 3º tería moitas máis opcións de salvarse pero non o tería asegurado en función dos arrastres e do coeficiente con respecto ao terceiro do outro grupo.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/12/incio.jpg)
No panorama actual, temos tres equipos descendidos dende a Primeira á Segunda Rexional. O Friol e o San Lázaro caerían para o grupo sur e o Alfoz para o norte. A maiores xa seguro habería dous arrastres máis. Pero falta coñecer a identidade dos equipos para saber a que grupo van.
A Segunda Rexional xa ten a súa competición cerrada polo que as posicións e os coeficientes están pechados. No grupo norte todo vai por orde clasificatorio, se un equipo da Primeira cae para o norte baixaría o que lle corresponda da Segunda norte por orde clasificatorio. Non obstante, na segunda sur houbo dous grupos de descenso, polo que aí entraría en xogo o coeficiente.
PERMANENCIA GRUPO NORTE:
4º Goiriz 13 pts.
5º Fonsagrada 13 pts.
6º Matela 10 pts.
7º Abadín 7 pts.
8º Mondoñedo 5 pts
Ao descenso do Mondoñedo confirmado en competición, úneselle o do Abadín por mor do arrastre do Alfoz. No peor dos casos, tres equipos máis poderían caer para o grupo norte.
PERMANENCIA SUR 2D1:
2º Sporting Lucense (coeficiente 1,416 pts)
3º O Páramo (coeficiente: 1,54 pts)
4º Santa Comba
5º Quiroga
PERMANENCIA SUR 2D2:
2º Palas (coeficiente: 1,318 pts)
3º Incio (coeficiente 1,1 pts)
4º Bóveda
Aos descensos do Quiroga e do Bóveda confirmados nas súas respectivas 2ª fases, xúntase xa o do Santa Comba e o do Incio por mor dos arrastres do Friol e do San Lázaro. Nestes grupos para decidir quen se mantén na categoría antes ca o coeficiente mirase o posto no que están (un 3º prevalece sobre un 4º). Dous arrastres máis poderían caer para este grupo o que significaría o descenso do Páramo e do Palas. Segundo os nosos cálculos, o Sporting Lucense tería confirmada a súa presenza na categoría un ano máis.
O domingo ás 18:00h xogaranse todos os partidos da Preferente e da Primeira. Estaremos atentos aos posibles cambios que podan ir acontecendo e trataremos de informar na maior brevidade posible.
Se chegastes ata o final lendo, lembrade que o sábado 25 de xuño celebramos no Catro Ventos de Carballedo o II All Star Futbolinlugo. Aínda que non sexades convocad@s, intentade estar porque teremos algo para vós. Vai ser a festaza do fútbol lucense porque para daquela o 40 de maio xa terá pasado.