Esta fin de semana voltou ser importante para o fútbol feminino lucense coa presentación da SD Burela ante a súa afección na Marosa Cup. Ademais, as redes sociais tamén recolleron a conexión do programa televisivo “Operación Triunfo” co fútbol da provincia por parte do Roupar e do Xermade. O cadro adestrado por Rebolo comezou moi ben a temporada no aspecto deportivo e tamén na interacción cos seus usuarios.

A vindeira fin de semana comeza a competición da liga feminina de Futbol-8 no grupo da Coruña que terá a dous representantes lucenses. A SD Burela, que se estrea, e a Milagrosa B, que xa estaba a temporada pasada. Ambos equipos déronse cita esta fin de semana na Marosa Cup onde xogaron un triangular con outro dos que será o seu rival na campaña, o Atlético San Pedro. O conxunto da Mariña fíxose co título na súa casa.

A xornada da Segunda Feminina galega foi de empates para os equipos lucenses (PM Friol CD Lugo B, Comercial e SD Chantada). Namentras ao Carballedo tocoulle descansar, pero aproveitou para seguir facendo grupo nesta temporada histórica para elas. Aínda que deportivamente non se comezou do mellor xeito posible (dúas derrotas), queda demostrado que isto é moito máis ca simple fútbol.

O Xermade deu un novo xiro dende a pretemporada as súas redes sociais. Esta desenvolvendo unha gran actividade acompañada dos vos resultados que está tendo o equipo na Segunda Rexional. Ademais de vencer por 0-3 ao Iberia e manterse colíderes do grupo norte, son protagonistas por dous motivos máis. Un deles é o vídeo que fixeron en apoio a cantante Sabela Ramil, concursante nestes momentos do programa de Televisión Española, “Operación Triunfo”. O conxunto xermadino está integrado en gran medida por xogadores das Pontes, localidade de onte tamén procede Sabela, con raíces na parroquia de Bravos (Ourol). A pontesa afronta unha semana chave na academia e está sendo sensación nas redes sociais porque vai interpretar un tema en galego, “Benditas Feridas” de Rosa Cedrón. Os seus paisanos quixeron amosarlle deste xeito o seu apoio.

Tamén é tendencia o Xermade pola forma de anunciar os goles nas redes sociais. Dos tres que marcaron nas Valgas de Reinante, un deles foi autoría de Chungui. O twitter do club anunciou o primeiro gol do partido do seguinte xeito:

Pero a conexión OT – fútbol lucense non queda aí. Outro dos equipos do concello de Xermade, o SDC Roupar, tamén ten unha ampla representación de ponteses entre os seus futbolistas. É un dos tres equipos do grupo norte da Segunda que aínda non perdeu ningún partido, despois de que nesta fin de semana vencerán por 3-1 ao Cervo. O Roupar tamén quixo mandarlle o seu apoio a Sabela:

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

1 ComentarioDeixa un Comentario

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*