As competicións de Fútbol-8 xa botaron a rodar

Hai dous fines de semana comezaron as ligas dos máis pequenos na nosa provincia, os prebenxamíns, benxamíns e alevíns! Futbolinlugo falará hoxe de todos eses pequenos e pequenas que, cada fin de semana, enchen de alegría e ilusión os campos lucenses.

Comenzando polos máis maiores, os alevíns, tras dúas xornadas disputadas, o Racing Villalbes e o CD Lugo lideran a clasificación da Primeira Autonómica Norte, seguidos por Viveiro e Santiago de Foz. No Grupo Sur, o monopolio correspóndelle ao CD Lugo “B”, equipo ao que persiguen a Residencia, o Becerreá e o Polvorín. Xa na Segunda Autonómica, no Grupo Norte, o liderato é para o Porto Burela, seguido polo Mondoñedo. E nos Grupos Sur (A, B e C), Sarriana “B”, Sagrado Corazón e Castro, e Residencia “B”, respectivamente, contan todos os seus partidos por victorias.

No que atinxe aos benxamíns, a Primeira Autonómica Norte está moi igualada (Lugo, Burela e Ribadeo comparten as primeiras prazas con 6 puntos), mentres que no Sur a Residencia é o primeiro con 5 puntos de vantaxe sobre o Segundo clasificado, o Lugo “B”. En canto á Segunda Autonómica, o trono do Norte corresponde de momento ao Xove Lago, mentres que no Sur os primeiros clasificados son Becerrea, Guitiriz e Ferroviaria (Grupos A, B e C, respectivamente).

Por último, cómpre falar dos máis pequenos, aqueles que comezan a súa andaina no fútbol base, os prebenxamíns, Na Primeira Norte, Racing Villalbés lidera a táboa, seguido polo Porto Burela, mentres que o rei momentáneo do sur é o CD Lugo, con Franciscanos e Milagrosa apretándolles. O Racing Villalbés, neste caso o “B”, tamén domina no Grupo Norte da Segunda Autonómica. No Grupo B estáse a consolidar na primeira praza un equipo de recente creación, o CP Lucense. Para rematar, o líder do Grupo C é o equipo nomeado como Piringalla/María Auxiliadora, formado por xogadores destes dous colexios da capital da provincia.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario