Simbiose futbolística. Non hai mellor termo para definilo. Esa é a relación que manteñen a SD Monterroso e Pablo Novoa ‘Cañón’ (Chantada, 1991). Unha unión da que ambos saen claramente beneficiados. O clube da Ulloa conta así cun defensa da garantías para unha posición na que andaba necesitado de efectivos. O xogador, cun equipo de garantías logo dunha longa e complicada lesión. Porque Cañón xa se volve sentir futbolista. Despois de máis de dezaseis meses parado, o zagueiro chantadino regresou ao verde en Bóveda. Foi o primeiro cambio dos de JC Rodríguez e disputou preto de corenta minutos no Hermanos Somoza. Por esta razón, Futbolinlugo quixo falar con él. Aquí, o resultado da conversa!

FUTBOLINLUGO: Boas Pablo! Qué tal? Como foi esa volta aos terreos de xogo?

CAÑÓN: Moi desexada, foi ben. Despois de tanto tempo, evidentemente… Meses agardando isto… Levaba un ano e medio, dende xullo do ano pasado. Sentinme cómodo, levaba tempo preparándome para poder incorporarme de novo. Entón foi como habitualmente.

Cañón na súa presentación co Lalín, o seu último equipo

FIL: Falemos desa lesión. Como e cando te mancaches?

CAÑ: A lesión sucedeu en xullo do pasado ano. Xogando ao fútbol, nun torneo de verán, fisurei un metatarsiano. Despois de varias recaídas tiveron que operarme finalmente. Hai cinco meses.

FIL: Deixaches Lalín por Monterroso. Como se produciu a túa chegada a Cerdeiriños?

CAÑ: Por circunstancias. Estou estudando en Lugo e o adestrador é de alí. Por comodidade e porque xa coñecía a algún dos xogadores que están en Monterroso. Foi un cúmulo de circunstancias.

FIL: Como ves ao equipo e ao equipo dentro da Primeira Galicia?

CAÑ: Penso que temos un bo equipo para a categoría, aínda que este ano está bastante reñida. Se nos respetan as lesións podemos facer unha boa campaña. O ano pasado xa estiveron aí

FIL: Unha boa campaña é estar na zona alta ou buscar algo máis?

CAÑ: Eu diría que podemos loitar polo ascenso.

FIL: Grazas por atendernos Pablo!

CAÑ: A vós! Un saúdo!

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 858

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.