Traste, adestrador da SD Chantada

Adrián Traste (SD Chantada): «O ritmo forte no inicio caracterizou ascensos anteriores»

A SD Chantada levouse na última xornada o derbi chantadés da Primeira Futgal ante o Chantada Atlético por 3-1 nun encontro no que un doblete de Pablo na segunda metade desnivelou o encontro. Unha mostra máis do gran rendemento que os de Adrián Traste están amosando nos primeiros compases da tempada, xa que son segundos por só un punto de diferencia ante a Residencia, con ámbolos dous equipos distanciados dos seus inmediatos perseguidores.

Un proxecto que xa ven loitando nos últimos anos por grandes cousas, como por exemplo a Supercopa Galicia, e que nesta tempada queren alcanzar un novo fito para os libros de historia do clube. O seu adestrador pasouse polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Juan Carlos Rodríguez, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do derbi, o gran comezo de curso e o obxectivo da tempada.

Entrevista ao técnico da SD Chantada, Adrián Traste

O derbi de Chantada: «A nivel futbolístico foi o guión previsto e tivemos que levar a iniciativa para buscar espazos. Controlamos ben que non chegasen contras e conseguimos acumular moitas oportunidades. Penso que foi o resultado xusto e incluso puido ser máis abultado. É un partido no que sempre hai matices e sentimentos e puidemos ser fortes e gañar».

Inicio de liga: «Cremos que non se poden sacar moitas conclusións, faltan moitas xornadas e está todo moi aberto. Residencia e nós estamos marcando un ritmo forte, algo que vimos que caracterizou a Pol e a Burela cando subiron. Ese era o noso obxectivo, pero somos conscientes de que todos os equipos imos ter tropezos e partidos moi complicados».

Obxectivo do Chantada: «O ascenso é o obxectivo que nos marcamos porque estes xogadores lévano loitando catro anos. A directiva non nolo marca, porque temos unha filosofía moi marcada de apostar pola xente da vila, pero no vestiario témolo marcado con dúas fases de ascenso. Esperamos estar nesa loita ata o final».

Adrián Traste (SD Chantada): «O ritmo forte no inicio caracterizou ascensos anteriores»

A Sarriana sae da mala xeira e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *