A Segunda Rexional púxose ao día co Meira campión da 1ª fase no seu grupo

A falta de tres xornadas para rematar, o Meira confirma que xogará polo ascenso

Tres dos catro subgrupos da Segunda Rexional xogaron partidos aprazados na pasada finde. Logo dos encontros disputados na zona norte, subgrupo 1B, o Meira proclamouse campión matematicamente.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na zona norte, subgrupo 1A, xogáronse dous duelos supendidos na xornada nove. O Celta Barreiros igualou ante un Roupar no que Edi se colocou baixo paus. É a primeira vez en encontro oficial que o xogador experimentado das Somozas tivo que exercer na portería. E cumpriu con creces no Cascabeiro. Pola súa banda, o duelo directo entre a Candelaria e o Xermade resolveuse do lado do equipo da Rúa que se achega máis ao cuarto posto.

Neste subgrupo aínda queda un partido máis para poñerse ao día. O Roupar ten que xogar contra o Sanci. En principio está previsto para a finde do 13 de febreiro. A falta de tres partidos para chegar ao final da 1ª fase, o Cabreiros lidera a clasificación con catro puntos de marxe sobre o Celta Barreiros (na última xornada xogan entre si). Sanci e Iberia con 18 e Candelaria con 16 semella que son os que van pelexar por entrar na zona de privilexio. Só unha especie de carambola lle daría opcións ao Xermade e ao Roupar de chegar ao cuarto posto.

Deportes Élide

Na zona norte, subgrupo 2B, o Meira confirmou o seu primeiro posto sen xogar. Os pupilos preparados por Ramón Labrada confirman o liderado con tres xornadas por diante nas que poden preparar a conciencia a segunda parte do campionato. Con 26 puntos, unha única derrota e sen ningún rival que lle fixera fronte na clasificación, o club meirego cumpre, de primeiras, coas argumentadas expectativas que tiña postas.

Nesta finde, o Cospeito recuperou o seu duelo coa Fonsagrada que rematou en empate. Pola súa parte, o Guitiriz superou no Municipal ao Abadín. Ao equipo abadinense incorporouse nas últimas semanas o porteiro Manu Balsa, coñecido como ‘Hulk’ na súa estadía no Nuevo Nausti. Xa debutou co equipo aínda que non foi da partida ante o Guitiriz. Ademais tamén igualaron a un gol o Muimenta e o Matela. Os dous goles no Pichón foron de penalti, o dos celestes marcado no tramo final.

Neste subgrupo todos os equipos están agora ao día. A loita polos tres postos restantes de privilexio prevese moi competida ata o final. Cinco puntos separan ao Cospeito (2º) coa Fonsagrada (7º). O único equipo que non ten opcións de chegar ao cuarto posto é o Abadín que loitará pola salvación na 2ª fase.

Na zona sur, subgrupo 2A, houbo xornada habitual ao ser máis equipos e quedan máis partidos por xogar. A SD Becerreá continúa asegurando o seu primeiro posto. Derrotou pola mínima ao Palas e está a piques de confirmar pasar como líder de cara a 2ª fase. A praza para loitar polo ascenso xa a ten asegurada. Nove puntos de diferenza son os que o separan co Paradela (2º). O equipo preparado por Rubén Bergantiños igualou a un gol ante o Antas.

O Páramo mantén a 3ª posición a pesar de non xogar o seu partido co Sporting Lucense. Situación que aproveitou a Milagrosa para meterse no 4º posto ao vencer ao Corgo.

Na zona sur, subgrupo 2B, apértase a zona alta logo de xogar os partidos aprazados. O líder Ferreira igualou a dous goles co Chantada B. Neste grupo aínda quedan catro encontros e o Ferreira supera nun punto ao Río Sil. O conxunto da Carqueixa derrotou ao Oural nun duelo directo con sete goles.

O Oural (3º) está a cinco do líder e ten pendente de xogar o duelo aprazado co Chantada B (5º). É un partido directo porque tres son os puntos que os separan. Está previsto que se xogue na finde do 20 de febreiro.

Pola súa banda, o Incio derrotou ao Quiroga e métese de cheo na pelexa pola cuarta praza. Urdi destacou cun dobrete. O conxunto amarelo queda a dous puntos do Brollón. Os máis descolgados do cuarto posto son o Bóveda (a seis puntos) e o Quiroga (a nove puntos).

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 541

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.