#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

A festa do fútbol lucense de Futbolinlugo ten data e lugar

O 29 de xuño do vindeiro ano é o día acordado para xuntar ao fútbol da provincia nun evento sen precedentes organizado por Futbolinlugo. Ademais, o lugar tamén está confirmado. O campo da Marosa en Burela acollerá o I All Star Futbolinlugo que ten a idea de unir o balompé afeccionado lucense. O acordo pechouse esta mañá no Concello de Burela coa participación do noso redactor, Diego Díaz, o concelleiro de deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey e o presidente do Burela e do Porto de Burela, Ares.

A Marosa será o escenario do I All Star organizado por Futbolinlugo

Durante o que queda de temporada avanzaremos máis detalles desta cita. Polo momento, a idea é contar con corenta e catro seleccionados do noso fútbol para participar en diferentes concursos e xogos e tamén para formar parte do Partido das Estrelas que contará con integrantes da Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Rexional e xogadores dos equipos lucenses de fútbol feminino.

Como xa adiantamos, o proceso de selección sairá dos xogadores que máis veces aparezan nos destacados de cada semana en cadansúa categoría. Ademais reservarémonos seis postos de convidados para agradecer á aquela xente que leva axudándonos dende o inicio de xeito desinteresado. Non obstante, queremos facer partícipes a aqueles que non sexan seleccionados e a toda a afección para poder vivir unha completa festa do fútbol lucense.



A festa do fútbol lucense de Futbolinlugo ten data e lugar

O partido da xornada . . .

A festa do fútbol lucense de Futbolinlugo ten data e lugar

Trío de Ases Preferente (Xornada 11)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *